Manatí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manatí
Manatí do Caribe ou de Florida
Manatí do Caribe ou de Florida
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Eutheria
Orde: Sirenia
Familia: Trichechidae
Gill, 1872
Xénero: Trichechus
Linnaeus, 1758
Especies

Trichechus inunguis
Trichechus manatus
Trichechus senegalensis
Trichechus bernhardi

Os manatís son unha familia de mamíferos placentarios da orde Sirenia coñecidos vulgarmente como vacas mariñas. Só sobrevive un xénero Trichechus, con catro especies.

Son apracibles herbívoros que pasan a maior parte do seu tempo buscando e inxerindo as plantas ribeiregas e do leito mariño de augas pouco profundas. Os manatís viven en augas tanto doces como salgadas, preto das costas de América e África.