Teano de Crotone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. (>600 (Gregoriano)) Crotone, Italia |
Morte | século V a. C. (<500) |
Actividade | |
Ocupación | matemática, compositora, poetisa, bailarina, filósofa, astrónoma, escritora |
Período de actividade | (Con vida en: século VI a. C. ) |
Familia | |
Cónxuxe | Pitágoras |
Fillos | Telauge, Arignote, Mnesarchus, Myia, Damo |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of Women Worldwide |
Theano de Crotone[1] (en grego: Θεανώ), fl. no século VI a.C., é o nome dado a unha (quizais dúas) filósofa pitagórica. Foi denominada alumna, filla ou esposa de Pitágoras, aínda que outros a consideraron esposa de Brontinus. O seu lugar de nacemento e a identidade do seu pai tamén son incertos, levando a algúns autores a suxerir que hai máis dunha persoa da que os seus datos se fusionaron, e refírense a Theano I e Theano II.[2] Algúns fragmentos e cartas sobreviventes que se lle atribúen son de autoría incerta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se saba sobre a vida de Teano, e as fontes antigas son confusas. Segundo unha tradición, chegou de Creta e era filla de Pythonax,[3][4] pero outros din que procedía de Crotone e era filla de Brontinus.[4][5][6] Moitos dixeron que era a esposa de Pitágoras,[3][4][5][6] aínda que outra tradición di que era filla de Brontinus.[4][5][7] Iámblico, nun intento de resolver a confusión, refire a Deino como a esposa de Brontinus.[8]
Os fillos que adoitan adscribirse a Pitágoras e Teano inclúen tres fillas, Damo, Myia e Arignote, e un fillo, Telauges.[3][4][5][6] Na Suda se afirma que os fillos que tivo con Pitágoras foron Telauges, Mnesarkhos, Myia e Arignote.[9]
Escritos
[editar | editar a fonte]Os escritos atribuídos a Teano foron Apotegmas pitagóricos, Consello feminino, Sobre a virtude, Sobre a piedade, Sobre Pitágoras, Comentarios filosóficos e Cartas.[10] Ningún deste escritos sobreviviu agás algúsn fragmentos e cartas de autoría incerta. Fixéronse intentos para asignar estes fragmentos á orixinal Teano (Teano I) e a unha Teano posterior (Teano II),[11] mais é probable que todos sexan pseudónimos ficticios de escritores posteriores,[10][12] que intentaron aplicar a filosofía pitagórica á vida das mulleres.[10] o fragmento supervivente de Sobre a piedade refírese a unha analoxía pitagórica entre os números e os obxectos; as varias cartas que se conservan tratan de asuntos domésticos: como debería unha muller criar os seus fillos, como debería tratar os serventes e como debería comportarse co seu marido.[10]
Teano dixo a Hipodamo de Thurium (talvez Hipodamo de Mileto, que segundo Aristóteles planeou a cidade de Thurium no 440 a.C.),[13] que o tratado Sobre a virtude contén a doutrina da proporción áurea.[14]
Segundo Thesleff, Stobaeus e Heeren, Teano escribiu en Sobre a piedade:[1]
Aprendín que moitos dos gregos cren que Pitágoras dixo que todas as cousas estaban xeradas polo número. Esta afirmación posúe unha dificultade: Como poden cousas que non existen ser concibidas para xerar? Pero el non dixo que todo proveña do número, máis ben, segundo o número... baseándose en que a orde no sentido primario está no número e é pola participación na orde que primeiro, segundo e todo o resto se asigna secuencialmente á cousas que se contan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Waithe, M.E. (1987). A History of Women Philosophers: Volume I: Ancient Women Philosophers, 600 B.C.-500 A.D. p. 12. ISBN 9789024733484.
- ↑ Plant, Ian Michael (2004). Women writers of ancient Greece and Rome: an anthology. University of Oklahoma Press. p. 68. ISBN 978-0-8061-3621-9.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Porphyry, Life of Pythagoras, 4
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Suda, Theano θ84
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Diogenes Laërtius, viii. 42-3
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Suda, Pythagoras π3120
- ↑ Suda, Theano θ83
- ↑ Iamblichus, On the Pythagorean Life, 132
- ↑ Suda Encyclopedia, th.84
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Ian Michael Plant, (2004), Women writers of ancient Greece and Rome: an anthology, páx. 69. Universidade de Oklahoma Press
- ↑ Mary Ellen Waithe, A History of Women Philosophers. Volume 1, 600 BC-500 AD. Springer
- ↑ Voula Lambropoulou, Some Pythagorean female virtues, in Richard Hawley, Barbara Levick, (1995), Women in antiquity: new assessments, páx. 133. Routledge
- ↑ Sturgis, Russell; Davis, Francis A. (2013). Sturgis' Illustrated Dictionary of Architecture and Building: An Unabridged Reprint of the 1901-2 Edition. p. 386. ISBN 9780486145921.
- ↑ Mary Ritter Beard, (1931), On understanding women, p. 139. See also: Mary Ritter Beard (1946), Woman as force in history: a study in traditions and realities, páx. 314.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kai Brodersen, Christoph M. Wieland, (2010), Theano: Briefe einer antiken Philosophin. Greek/German. Reclams Universal-Bibliothek 18787, Stuttgart. ISBN 978-3-15-018787-6