Hipodamo de Mileto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHipodamo de Mileto
Nome orixinal(grc) Ἱππόδαμος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento498 a. C. Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Morte408 a. C. Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeMileto
Antiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPlanificación urbanística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , urbanista , matemático Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalPhaleas of Chalcedon (en) Traducir: Phaleas and Hippodamus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mapa do Pireo, mostrando o plano en reixa da cidade

Hipodamo de Mileto (grego antigo Ἱππόδαμος Hippódāmos), Hipódamo ou Hipodamos, nado en Mileto en -498 e finado en -408, foi un arquitecto grego, planificador urbanístico, matemático, meteorólogo e filósofo e considéraselle o "pai" da planificación urbanística, que deu nome á "planta hipodámica", un esquema de cidades en retícula. Viviu durante o século -V, nos albores da época clásica da Antiga Grecia. O seu pai chamábase Eurifonte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hipodamo representa a antiga escola xónica, que primaba a perfección e o luxo. Aristóteles, describiuno como orixinal en todos os aspectos e como alguén que desexaba ser un erudito en todas as ciencias da natureza, aínda que existen discrepancias sobre se este Hipodamo é o mesmo do que fala Aristóteles en Política, II. e ao que se refire Xoán Estobeo no Florilexio como Hipodamo, o pitagórico. Aristóteles definiuno como "... un home estraño, cuxo afán de distinción lle fixo levar unha vida excéntrica".

Urbanista[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Plan hipodámico.

Hipodamo non foi só arquitecto, foi un verdadeiro teórico do hábitat urbano. Foi el quen planeou o trazado urbanístico do Pireo (porto de Atenas), probabelmente na época de Pericles. Tamén el foi arquitecto responábel da colonia de Turios, na Magna Grecia, no -443. Foi o primeiro arquitecto grego en concibir un plan urbano e a estrutura dunha cidade a partir dun punto de vista que privilexiaba a funcionalidade.

Hipodamo foi o introdutor dun plan urbano apoiado en rúas anchas que se cruzaban en ángulos rectos. Propuxo a organización das poleis segundo relacións numéricas, en busca da simetría. A lóxica, a claridade e a simplicidade primaban nos seus deseños. Resulta imposíbel non relacionar o concepto arquitectónico de Hipodamo co pensamento da súa época: o plano en forma de dameiro reflicte as divisións lóxicas e matemáticas coas cales os filósofos/arquitectos do século -V buscaban reflectir a sociedade ideal. Hipodamo é considerado o primeiro dos urbanistas e o trazado que ideou chámase trazado hipodámico.

Foi o encargado de levar a cabo, cara ao -479, o plan director de reconstrución da cidade de Mileto, tomada, saqueada e destruída polos persas no -494. Hipodamo foi tradicionalmente venerado como o "Pai do urbanismo" e inventor da retícula .

Con todo tense coñecemento do uso da retícula en épocas tan temperás como o terceiro milenio a. C., coas primeiras cidades xurdidas no Antigo Exipto, conformadas con rúas paralelas ao río Nilo, cruzadas por outras perpendiculares, que desembocaban nel, case sempre formando ángulos rectos, ou en cidades de novo trazado, como Akhetatón, no século -XIV.

Teórico social e político[editar | editar a fonte]

Hipodamo tamén foi un teórico que, como Faleas de Calcedonia e como Platón, expuxo unHa alternativa máis ou menos utópica á crise das poleis provocada pola Guerra do Peloponeso. Segundo relatou Aristóteles na Política[1]:

Preconizaba unha cidade de dez mil homes distribuídos en tres clases: unha comprendía os artesáns, outra os labradores, a terceira os guerreiros e xentes de armas. Dividía tamén o territorio en tres zonas, sagrada, pública e privada: a primeira estaba consagrada aos deuses, da outra os guerreiros obtiñan os seus medios de subsistencia, a terceira entregábase aos labradores fermoso.

O mesmo Aristóteles criticou esta politeia elaborada por Hipodamo advertindo que non explica quen traballará a terra dos deuses e a terra dos guerreiros. Con todo, hoxe destácanse dúas ideas do sistema elaborado por Hipodamo: «a da sistematización de funcións na cidade, que volve atoparse na construción de Platón e en numerosas utopías posteriores, e a de que é preciso que os que rexen os destinos da cidade, neste caso os guerreiros, se conserven, segundo unha fórmula de J.-P. Vernant, "purificados de calquera contacto con esa esfera de intereses privados que hoxe aparece como un factor de división e de oposición entre os cidadáns"»[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mossé. "Los orígenes del socialismo en la Antigüedad". En Jacques Droz (dir.). Historia general del socialismo. De los orígenes a 1875. Barcelona: Destino. ISBN 84-233-1305-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cervera Vera, Luis (1987). Los conceptos asimilados por Hipódamo de Mileto para su ciudad ideal. Madrid: Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. ISSN 0567-560X. 
  • Reeve, C. D. C. (1998), Aristotle's Politics. Indianapolis, Hackett Publishing.
  • Robert Patrick Merges & John Fitzgerald Duffy, Patent Law and Policy: Cases and Materials (3d ed. 2002).