Ilyushin Il-14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilyushin Il-14
Aeroflot Ilyushin Il-14 at Arlanda, November 1970.jpg
Il-14G de Aeroflot
Tipopasaxeiros
FabricanteIlyushin
Primeiro voo1 de outubro de 1950
Estadoretirado
Unidades construídas1 348

O Ilyushin Il-14 (designación OTAN: Crate) foi un avión soviético bimotor de transporte de pasaxeiros e carga. Voou por primeira vez en 1950 e entrou en servizo en 1954. O Il-14 tamén foi fabricado en Alemaña Oriental por VVB Flugzeugbau, e en Checoslovaquia por Avia como o Avia 14. O Ilyushin Il-14 foi substituído principalmente polo Antonov An-24 e o Yakovlev Yak-40.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Il-14 desenvolveuse como substituto para o popular Douglas DC-3 e a súa versión de fabricación soviética, o Lisunov Li-2. O Il-14 desenvolveuse a partir do Ilyushin Il-12, que voara por vez primeira en 1945,[1] e planeouse para ser usado tanto en operacións civís como militares. O Il-12 tivo grandes problemas debido ao pobre comportamento dos seus motores. Ademais, teña menos capacidade de carga do planeado orixinalmente (a intención era que levase 32 pasaxeiros e finalmente só podía transportar 18).[1]

O desenvolvemento do Il-14 foi unha gran mellora con respecto ao Il-12, cunha nova á e unha deriva máis ancha. Estaba equipado con dous motores radiais de pistóns de 1 900 cabalos Shvetsov ASh-82T-7.

A produción total do Il-14 foi de 1 345 avións. 1 065 fabricáronse en Moscova de 1956 a 1958 e en Tashkent de 1954 a 1958. Baixo licenza producíronse 80 unidades na Alemaña Oriental por VEB Flugzeugwerke Dresden (FWD) de 1956 a 1959, e 203 in Checoslovaquia por Avia de 1956 a 1960. O modelo demostrou ser robusto e fiable, sendo amplamente usado en zonas rurais con aeródromos mal equipados.

O modelo tamén foi usado pola industria aeronáustica de Alemaña Oriental como avión de proba para o estabilizador horizontal do Baade 152.

Variantes[editar | editar a fonte]

Avia 14FG
  • Il-14: avión bimotor de transporte de pasaxeiros e carga.
  • Il-14FK/14FKM: fotografía aérea.
  • Il-14G: avión de carga.
  • Il-14GGO: investigación xeofísica.
  • Il-14LIK-1/LIK-2: calibración de axudas para a navegación.
  • Il-14LR: recoñecemento no xeo.
  • Il-14M: Il-14P coa fuselaxe alongada, con 14-36 asentos.
  • Il-14P: pasaxeiros con 18-32 asentos.
  • Il-14PS/S: VIP, baseadas no Il-14P.
    • Il-14SI: VIP con maior alcance.
    • Il-14SO: VIP de 18 asentos.
  • Il-14RR: recoñecemento pesqueiro.
  • Il-14T: transporte militar.
  • Crate-C: guerra electrónica.

Variantes con licenza[editar | editar a fonte]

  • Avia 14: Ilyushin Il-14M fabricado baixo licenza por Avia en Checoslovaquia.
    • Avia 14-24: versión de 24 asentos.
    • Avia 14-32: 32 asentos.
    • Avia 14-40: 40 asentos.
  • Avia 14FG: recoñecemento aéreo.
  • Avia 14T: Ilyushin Il-14T fabricado por Avia.
  • Avia 14S: transporte VIP con seis asentos e un sofá de seis prazas que podía equiparse con tanques de combustible nas puntas das ás.
  • Avia 14 Super: modelo de 1960 con cabina presurizada para 32, 36 ou 42 pasaxeiros equipado con tanques de combustible nas puntas das ás.
  • VEB 14P: Ilyushin Il-14P fabricado por VVB Flugzeugbau en Alemaña Oriental.
  • VEB 14T: VEB 14P convertidos en transportes militares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gunston, Bill (1995). Osprey Aerospace, ed. The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft from 1875 – 1995. Londres. ISBN 1-85532-405-9.