Saltar ao contido

ATR 42

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ATR 42
Imaxe do interior
Representación esquemática
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Uso
Características
 Autonomía
850 km
459 mn Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Configuración da á
Implicados
 Desenvolvedor/a
ATR Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
ATR Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade50 Editar o valor en Wikidata
Altura7,59 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude22,67 m Editar o valor en Wikidata
Masa16.900 kg Editar o valor en Wikidata
Velocidade máxima270 kn Editar o valor en Wikidata
Envergadura24,57 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
3 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
16 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/02p1llw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O ATR 42 é un avión bimotor turbohélice rexional de curto alcance fabricado en Francia e Italia por ATR (Aerei da Trasporto Regionale ou Avions de transport régional). Os modelos de ATR son ensamblados finalsmente en Tolosa, e comparten recursos e tecnoloxía con Airbus. O nome "42" ven do número estándar de asentos do avión, que varía de 40 a 52. O aparello serve como base para o máis grande ATR 72.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O ATR 42–300 foi anunciado en 1981, facendo o seu voo de estrea o 16 de agosto de 1984. As certificacións francesa e italiana chegaron en setembro de 1985 e o seu primeiro servizo foi no mes de decembro dese ano con Air Littoral.[1] Esta versión inicial do ATR 42 fabricouse ata 1996. A seguinte actualización do avión foi o ATR 42-320 (tamén producido ata 1996), que estaba equipada cos máis potentes motores PW-121. O ATR 42-300QC é unha versión convertible de pasaxeiros/carga da serie −300.[2]

A seguinte versión de produción é a serie -500. Esta foi unha versión mellorada con motores PW127, hélices de seis pás, rendemento mellorado en ambientes quentes e altos, máis capacidade de peso e unha cabina de pasaxe mellorada. O ATR 42–500 foi certificado en xullo de 1995.[2] A versión actual en fabricación é a serie -600. Anunciada en 2007, as súas entregas comezaron no ano 2012 e é semellante ao -500 pero equipado con motores PW127M, unha nova cabina de mando e varias melloras menores. En abril de 2017 foran entregados 457 ATR 42 en todo o mundo.

  1. ATR (ed.). "Milestones". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 7 de maio de 2017. |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  2. 1 2 Airliners (ed.). "ATR 42". Consultado o 7 de maio de 2017.