Saltar ao contido

Monofilético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monofilética»)
Grupos filoxenéticos, ou taxa: monofiléticos (amarelo), parafiléticos (azul) e polifiléticoa (vermello).

En filoxenia dise que un grupo é monofilético se todos os organismos incluídos nel evolucionaron a partir dun devanceiro común, e todos os descendentes dese devanceiro están incluídos no grupo. Dita condición recibe o nome de monofilia (do grego μονο- mono-, de μόνος mónos, "un só", "único", e φυλή phylé, "tribo", "grupo de individuos").

Pola contra, un grupo que contén algúns pero non todos os descendentes do devanceiro común máis recente chámase parafilético, e un grupo taxonómico que contén organismos pero carece dun devanceiro común chámase polifilético.

Crese que todos os organismos no xénero Homo proceden da mesma forma ancestral na familia Hominidae. Así pois, o xénero Homo é monofilético.

Por outra banda, se se descubrise que Homo habilis desenvolveuse dun devanceiro distinto que Homo sapiens, e este devanceiro non estivese incluído no xénero, entón o xénero resultaría ser polifilético. Desde que os biólogos en conxunto prefiren os grupos monofiléticos, neste caso probablemente ou dividirían o xénero para adecualo ás novas circunstancias, ou o ampliarían para incluír as formas adicionais.

Outros usos

[editar | editar a fonte]

O uso aquí recollido foi introducido por Willi Hennig, e o éxito da escola cladista de Sistemática converteuno en dominante. Con todo, débese facer constar que para moitos taxónomos, como Ernst Mayr e a tradición que el chama taxonomía evolutiva, monofilético é todo grupo cuxo devanceiro común máis recente é membro do clado; isto exclúe claramente aos grupos polifiléticos, pero non aos parafiléticos. Este é o significado practicamente universal de monofilético nas publicacións biolóxicas até aproximadamente 1990. Neste uso clásico do concepto chámase monofiléticos tanto aos grupos holofiléticos como aos parafiléticos, na terminoloxía cladística úsase, non de maneira xeneralizada, o termo grupo convexo para referirse ao mesmo concepto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Funk, D. J. e Omland, K. E. (2003): "Species-level paraphyly and polyphyly: Frequency, cause and consequences, with insights from animal mitochondrial DNA". Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst. 34: 397–423. Artigo en PDF Consultado o 15/01/2013.