George Gaylord Simpson
George Gaylord Simpson | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1902 |
Chicago | |
Falecemento | 6 de outubro de 1984 |
Tucson | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Yale |
Ocupación | conservador, paleontólogo, zoólogo, autobiógrafo e patólogo |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Medalha Penrose, Medalha da Sociedade Paleontológica, Medalla Nacional de Ciencia, Medalha Darwin, Medalha Darwin-Wallace, Medalha Daniel Giraud Elliot, Medalha Linneana, Hayden Memorial Geological Award, Medalha Mary Clark Thompson e Foreign Member of the Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
George Gaylord Simpson, nado en Chicago o 16 de xuño de 1902 e finado en Tucson o 6 de outubro de 1984, foi un paleontólogo e biólogo teórico estadounidense.
Especialista nos mamíferos do mesozoico e do cenozoico, Simpson foi, xunto con Theodosius Dobzhansky e Ernst Mayr, un dos principais teóricos da Teoría evolutiva sintética. Tempo and Mode in Evolution e The Meaning of Evolution son as súas obras máis representativas.
Profesor no Museo Americano de Historia Natural (1927-1959) e nas Universidades de Columbia (1945-1959), Harvard (1959-1967) e Arizona (1967-1984), Simpson foi un dos paleontólogos máis influentes do século XX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacen en Chicago, Illinois en 1902. Comenzou os seus estudos universitarios na Universidade de Colorado en 1918. En 1922 trasladouse á Universidade Yale, onde obtivo a súa licenciatura en 1923 e o seu doutoramento en 1926, cunha tese sobre os mamíferos americanos do mesozoico.
Despois dunha estancia posdoutoral no Museo de Historia Natural de Londres, Simpson volveu a Estados Unidos en 1927 para integrarse no Museo Americano de Historia Natural. Alí seguiu traballando nos mamíferos do mesozoico e do primeiro cenozoico, e participou en varias expedicións, especialmente á Patagonia (1930-31, 1933-34) para o estudo dos mamíferos do eoceno.
En 1942 alistouse no exército norteamericano, servindo no norte de África e en Europa Occidental até 1944. Ao seu regreso aos Estados Unidos foi ascendido a catedrático do departamento de Xeoloxía e Paleontoloxía no Museo Americano de Historia Natural, actividade que combinou coa de profesor de zooloxía na Universidade de Columbia (1945-1959).
En 1959, obtivo a cátedra Alexander Agassiz no Museo de Zooloxía Comparada da Universidade Harvard (1959-1967).
Finalmente, en 1967, trasladouse a Tucson, Arizona, como catedrático de Xeoloxía na Universidade de Arizona. E nesa cidade morreu o 6 de outubro de 1984.
Obras[editar | editar a fonte]
- Attending Marvels (1931)
- Mammals and Land Bridges (1940)
- Tempo and Mode in Evolution (1944)
- The Meaning of Evolution (1949)
- Horses (1951)
- Evolution and Geography (1953)
- The Major Features of Evolution (1953)
- Life: An Introduction to Biology (1957)
- Principles of Animal Taxonomy (1961)
- This View of Life (1964)
- The Geography of Evolution (1965)
- Penguins (1976)
- Concession to the Improbable (1978)
- Splendid Isolation (1980)
- The Dechronization of Sam Magruder (novela publicada postumamente, 1996)
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Simpson emprégase para indicar a George Gaylord Simpson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- George Gaylord Simpson - biografía exhaustiva, por L. F. Laporte (en inglés)
- George Gaylord Simpson - trazos biográficos do Stephen Jay Gould Archive (en inglés)
- George Gaylord Simpson - curta biografía da web de PBS Evolution (en inglés)
- George Gaylord Simpson Papers, American Philosophical Society. (en inglés)