Johann Andreas Wagner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Johann Andreas Wagner
Nacemento 21 de marzo de 1797
  Núremberg
Falecemento 17 de decembro de 1861
  Múnic
Nacionalidade Confederación do Rin, Confederación Xermánica e Sacro Imperio Romano Xermánico
Etnia Pobo alemán
Educado en Universidade de Múnic
Ocupación biólogo, antropólogo, paleontólogo, arqueólogo, zoólogo e entomologista
editar datos en Wikidata ]

Johann Andreas Wagner, nado en Núremberg (Alemaña) o 31 de marzo de 1797, e finado en Múnic en 1861 foi un paleontólogo, zoólogo e arqueólogo alemán.

O nome de Wagner recórdase só ocasionalmente na actualidade xeralmente con respecto aos seus primeiros estudos sobre dinosauros, pterosaurios e aves ancestrais. Tamén apareceron recentemente algúns traballos en Alemaña sobre a súa orientación relixiosa conservadora, e como isto podería ter afectado o seu punto de vista paleontolóxico.[1]

Wagner interesouse especialmente na distribución xeográfica das especies, e as tres partes da súa gran monografía Die Geographische Verbreitung der Säugethiere Dargestellt, publicada entre 1844 e 1846, representa un esforzo pioneiro para entender como as similitudes ecoxeográficas das faunas do Vello e o Novo Mundo poderían ser debidas ás súas similitudes climáticas, especialmente nas latitudes altas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorado en 1829, foi nomeado profesor na Universidade de Erlangen en 1832.

Foi profesor de zooloxía e conservador no Zoologische Staatssammlung de Universidade de Múnic en 1836, sendo nomeado catedrático de dita universidade en 1843.

Na universidade muniquesa foi o primeiro profesor ordinario de paleontoloxía (1844-1846).

Durante eses anos publicou a súa famosa obra Die Geographische Verbreitung der Säugethiere immondis en tres partes na Abhandlungen, Bayerische Akademie der Wissenschaften, Philosophisch-Historische Klasse.

En 1845 publicou o seu Geschichte der Urwelt.

En 1855 foi nomeado membro correspondente da Academia Rusa de Ciencias.

En 1861 publicou un breve artigo sobre un espécime de Archaeopteryx.

En 1861 publicou unha breve descrición das especies de dinosauros do xénero Compsognathus.

Morreu en Múnic, Alemaña, o 17 de decembro de 1861.[1]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Testacea fluviatilia quae in itinere per Brasiliam 1817-1820 ... collegit et pingenda curavit J.B.Spix, ediderunt F.a.Paula de Schrank et C.F.P. de Martius. - Monachii, Wolf [Múnich, Wolf] 1827
  • Neues systematisches Conchylien-Cabinet. Nurenberg 1829
  • Handbuch der Naturgeschichte, 1830
  • Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen. Erlangen 1836-1855.
  • Beiträge zur Kenntnis der warmblütigen Wirbelthiere Amerika’s. Múnich 1837
  • Beschreibung eines neuentdeckten Ornithocephalus nebst allgemeinen Bemerkungen über die Organisation dieser Gattung. Múnich 1837
  • Fossile Überreste von einem Affen und einigen andern Säugthieren aus Griechenland. Múnich 1840
  • Die Geographische Verbreitung der Säugethiere Dargestellt. 1844-1846
  • Geschichte der Urwelt, mit besonderer Berücksichtigung der Menschenrassen und des mosaischen Schöpfüngsberichtes. Leipzig 1845
  • Abweisung der von ... H. Burmeister zu Gunsten des geologisch-vulkanistischen Fortschrittes und zu Ungunsten der mosaischen Schöpfungsurkunden vorgebrachten Behauptungen ... Ein Nachtrag zu meiner Geschichte der Urwelt. Leipzig 1845
  • Naturwissenschaft und Bibel im Gegensatze zu dem Köhlerglauben des Herrn C. Vogt etc. Stuttgart 1855
  • Beiträge zur Kenntniss der in den lithographischen Schiefern abgelagerten urweltlichen Fische. Múnich 1861

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Wagner emprégase para indicar a Johann Andreas Wagner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]