O bongo[1] (Tragelaphus eurycerus) é un herbívoroungulado, maioritariamente nocturno. Atópase entre as especies máis grandes dos bosques de África.
O bongo occidental (T. e. eurycerus), ten unha poboación que está declinar, e a IUCN Antelope Specialist Group considera que a subespecie está preto da ameaza segundo a escala de coservación.
O bongo oriental (T. e. isaaci), habita en Kenya e ten unha pelaxe aínda máis vibrante que a de T. e. eurycerus. Esta subespecie só se atopa en liberdade nunha remota rexión do centro de Kenya. O bongo está clasificado segundo a IUCN Antelope Specialist Group como criticamente ameazado, con máis exemplares en catividade que en liberdade.