Pedro Longueira Patiño
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de novembro de 1905 Ferrol, España |
| Morte | 10 de agosto de 1983 Cidade de México |
Representa: Partido Socialista Obreiro Español 2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, metalúrxico |
Pedro Longueira Patiño, nado en Ferrol o 25 de novembro de 1905 e finado en México o 10 de agosto de 1983, foi un político socialista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como obreiro metalúrxico e militou no PSOE galego. Nas eleccións xerais de 1936 foi eixido deputado pola provincia da Coruña polo Fronte Popular. Durante a guerra civil foi Comisario Inspector de Prisións, vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles e membro do Padroado de Campos de Traballo. En Barcelona colaborou con Edmundo Lorenzo Santiago na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos e foi secretario xeral de Solidaridade Galega Antifeixista. Despois da guerra civil exiliouse en México, onde contribuíu á organización do PSOE e da UGT no elixio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "LONGUEIRA PATIÑO, Pedro". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 46. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.