Luciano Vidán Freiría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela, España |
Morte | 6 de xullo de 1967 Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro, político |
Luciano Vidán Freiría,[1] nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 6 de xullo de 1967, foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Alberto Vidán García e Benita Freiría Portela. Funcionario do Banco Anglo-Americano en Vigo, despois pasou a ser secretario-contador da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da que chegou a ser director-xerente. Militanter de Izquierda Republicana. En 1936 foi nomeado delegado do Goberno no Instituto de Crédito das Caixas de Aforros. Foi nomeado gobernador do Banco Hipotecario Español en agosto de 1936.[2] En Valencia integrouse na Solidaridade Galega Antifeixista cos seus amigos Alejandro Viana Esperón e Laureano Poza Juncal. Logo da derrota da República pasou a Francia e exiliouse na Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938 e foi condenado en novembro de 1939 a 8 anos de inhabilitación absoluta e multa de 10.000 pesetas.[4] Na Arxentina traballou na aseguradora "Continental". Foi membro da Comisión de Prensa de Galicia. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Manuel García Gerpe e Severino Iglesias Siso, da que foi vogal. Visitou Galicia a principios de 1955.[5] Retornou a España e foi subdirector xeral do Banco Mercantil e Industrial en Madrid, director da sucursal de Madrid do Banco Rural y Mediterráneo, pasando en 1958 a ser subdirector do banco.[6] Morreu en Madrid o 6 de xullo de 1967 e foi soterrado no cemiterio de San Domingos de Santiago de Compostela.[7][8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Celina Sanmartín García en 1935.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunha fontes figura como Luciano Vidán Freyría.
- ↑ El Compostelano, 7-8-1936, p. 3.
- ↑ Exiliados republicanos en la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires: inserción y participación política (1939-1946)
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-11-1939, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-2-1955, p. 3.
- ↑ La Noche, 6-3-1958 marzo 6
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-7-1967, p, 18.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 5-7-1968, p. 117.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. pp. 246–247. ISBN 978-950-786-574-9.
- Fasano, Laura (2020). "Los exiliados gallegos y sus vínculos con el asociacionismo hispánico de Buenos Aires. El caso de Manuel García Gerpe". Los españoles en Buenos Aires. Activismo político e inserción sociocultural (1870-1960). Teseo. ISBN 978-9877232400.
- Mera Covas, Roberto (2021). Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Vigo: Belagua Ediciones. p. 25. ISBN 978-84-121433-8-6. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 18 de maio de 2022.