Amparo Alvajar
Amparo Alvajar | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de agosto de 1916 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | maio de 1998 |
Lugar de falecemento | Monção |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, dramaturga e tradutora |
Pai | César Alvajar |
Nai | Amparo López Jean |
Cónxuxe | Arturo Cuadrado |
Irmáns | Ana María Alvajar L. Jean, María Teresa Alvajar e Javier Alvajar López |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
María del Amparo Alvajar López Jean, nada na Coruña o 11 de agosto de 1916 e finada en Monção en maio de 1998, foi unha xornalista, tradutora e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jean, era irmá de Ana María Alvajar L. Jean, María Teresa Alvajar López e Javier Alvajar López. Destacou dende nova polos seus dotes musicais e intelectuais. Estudou Comercio na Coruña. Na Segunda República traballou no concello da Coruña e foi secretaria de Casares Quiroga. Co triunfo da Fronte Popular marchou a Madrid a traballar para os Servizos Secretos do Ministerio da Gobernación que dirixía Casares Quiroga. Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Valencia onde casou con Arturo Cuadrado. Despois trasladouse co goberno até Barcelona onde naceu a súa única filla, Silvia. Exiliouse en Francia e embarcou en Bordeos cara a Buenos Aires. Amparo viviu na Arxentina até 1955, onde publicou artigos e ensaios sobre o teatro e sobre Galicia e fixo traducións ao castelán. Tamén estreou as comedias dramáticas Amada y Tú e Un balcón para los Lester. Casou posteriormente cun avogado arxentino co que se trasladou a México. Anos despois volveu separarse, e trasladouse a traballar a Nova York como tradutora da ONU. Despois marchou a París, onde traballou como tradutora do Correo da UNESCO. En 1961 foi directora do equipo de tradución da OIT en Xenebra e tamén foi tradutora no Comité de Desarme, na Organización de Enerxía Atómica e durante a conferencia sobre seguridade europea. Cando se xubilou trasladouse a vivir a Monção onde morreu en maio de 1998.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Pérez Leira, L. (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.