Saltar ao contido

Laureano Poza Juncal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaureano Poza Juncal
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Díaz Riva Editar o valor en Wikidata
PaiJoaquín Poza Cobas Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoaquín Poza Juncal
Hernán Poza Juncal Editar o valor en Wikidata

Laureano Poza Juncal, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Cidade de México o 31 de xaneiro de 1996, foi un químico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Poza Cobas e de Pilar Juncal, estudou Químicas, licenciándose cun brillante historial académico e foi dirixente da FUE. Foi profesor de Química Industrial Orgánica e Análise Químico na Escola Industrial de Vigo. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, militou en Acción Republicana e despois en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 interveu en actos políticos na provincia de Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi profesor na Escuela de Guerra número 1 de Barcelona. Foi depurado en 1936 do seu posto de profesor. Exiliouse en México, onde foi profesor de Ciencias Químicas na Universidade Internacional e no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Fixo investigacións coa urotropina e outros medicamentos. En México aproximouse ao grupo dos socialistas galegos exiliados, foi copatrocinador da revista Vieiros e publicou Pensamientos Filosóficos y Proyecciones Esotéricas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Díaz Riva.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]