Horacio Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHoracio Casas
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1906 Editar o valor em Wikidata
Teo Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Horacio Casas Iglesias, nado en Teo o 28 de xuño de 1906 e finado en México, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela.[1] Aprobou as oposicións a Axente do Corpo de Investigación e Vixilancia en 1935.[2] Foi conselleiro do Partido Galeguista na zona da Maía. Durante a guerra loitou no corpo de asalto do Exército Republicano, foi ascendido a sarxento en xaneiro de 1937,[3] e ascendido a tenente do Corpo de Seguridade en xaneiro de 1938.[4][5] Pertenceu a Solidaridade Galega Antifeixista. Foi presidente do Comité Obreiro de Gardas e Soldados e conselleiro do PG en Barcelona. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mere. Exiliouse en México,[6] embarcando no buque Ipanema que chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939.[7] Foi contador do Padroado da Cultura Galega de México en 1953 e despois secretario do Padroado.[8] Asinou, en nome do Partido Galeguista, o documento contra a entrada de España na ONU en 1955.[9] Foi presidente da Irmandade Galega de México en 1965,[10] e secretario do Club Galicia en 1966.[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Cidade de México con Maria Teresa Calderón Casazza en 1945, e foi pai de Horacio Manuel, Armando Rosendo e Cesáreo Alberto Casas Calderón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 17-10-1923, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 28-9-1934, p. 2.
  3. Gaceta de la República, 29-1-1937, p. 929.
  4. Gaceta de la República, 19-2-1938, p. 562.
  5. Ficha de Horacio Casas Iglesias
  6. Visados otorgados a refugiados españoles para su emigracion a Mexico
  7. Ficha no Departamento de Migración de México
  8. España Popular, 25-11-1955, p. 4.
  9. España Democrática, 10-11-1955, p. 1.
  10. España Popular, 15-8-1965, p. 5.
  11. España Popular, 30-4-1966, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]