Benito Búa Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benito Búa Rivas
Nacemento6 de xaneiro de 1917
Lugar de nacementoCaldas de Reis
Falecemento1974
Lugar de falecementoPuebla de Zaragoza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Benito Búa Rivas, nado en Caldas de Reis o 6 de xaneiro de 1917 e finado en Puebla de Zaragoza (México) en 1974, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Búa Carou e Elisa Rivas Mourente. Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estaba afiliado á Agrupación Socialista de Santiago de Compostela. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 residía en Pontevedra traballando como pasante de Medicina nunha clínica. Ofreceuse co seu irmán Antonio para prestar servizo nos hospitais de sangue do exército.[1] Logrou evadirse e pasar á zona leal na fronte de Brunete o 2 de agosto de 1937 con Ramón Figueroa Vilachá e Gerardo Paseiro Carril. Foi auxiliar facultativo do corpo de Sanidade. Prestou servizo na 218 Brigada Mixta e no equipo cirúrxico do X Corpo de exército coa graduación de tenente. Estivo nas frontes de Teruel, Segre e Pireneos resultando ferido en combate. Publicou un artigo na revista Choque, órgano da 34 División.[2] Foi secretario de asistencia social de Solidaridade Galega Antifeixista. Coa derrota da República pasou a Francia cruzando a fronteira por Tarascón o 7 de febreiro de 1939. Estivo internado nos campos de concentración de Argelès-sur-Mere e Barcarès. Exiliouse en México,[3] embarcando no buque Ipanema no porto de Pauillac (Gironde) o 12 de xuño de 1939 e chegou a Veracruz o 7 xullo. En México colaborou na revista Saudade utilizando o pseudónimo B. Lérez. Completou os seus estudos de Medicina e titulouse como médico na UAM en 1956.[4] Foi membro do Comité das Mocidades Socialistas en México. Residiu en Puebla de Zaragoza ata a súa morte en 1974.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]