Sigüenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°4′9″N 2°38′21″O / 41.06917, -2.63917

Sigüenza
Bandera de Sigüenza (Guadalajara).svg
Escudo de Sigüenza.svg
Vista de Sigüenza, España, 2015-12-28, DD 145.JPG
Sigüenza
Localización
Sigüenza en España
Sigüenza
Sigüenza
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaGuadalaxara
ComarcaLa Serranía
Xeografía
Altitude1 004 msnm
Superficie386,87 km²
Demografía
Poboación4 712 hab.
Densidade12,18 hab/km²
XentilicioSeguntino/a
Outros datos
Código postal19250
AlcaldeJosé Manuel Latre Rebled (PP)
siguenza.es

Sigüenza é unha vila e concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O municipio ocupa unha área de 395 km², e en 2006 tiña unha poboación de 4.629 habitantes. Sigüenza é sede da diocese de Sigüenza-Guadalaxara compartida na actualidade coa capital provincial, Guadalaxara.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Sigüenza está situada no norte da provincia, a escasa distancia da linde con Soria e a 75 km da capital, nunha zona de encontro (Altos de Barahona) entre os cordais orográficos do Sistema Central e o Sistema Ibérico, a uns 1.000 msnm, no val do curso superior do río Henares. O núcleo urbano aséntase sobre un outeiro que domina a veiga do devandito río. Sigüenza comparte con Atieza a capitalidade da comarca das Serranías.

Predomina, na comarca e concello, o monte baixo, mesturado de Quercus (aciñeiras, sobreiras etc), xunto con extensas formacións de forestas, principalmente, de piñeiros, de variedades diferentes, e, en menor medida, rebolos e sabinas.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima dominante é de tipo mediterráneo, moi continentalizado: os invernos son duros e prolongados, con baixas temperaturas medias, en torno a 1 °C nos meses de xaneiro e febreiro; as temperaturas absolutas poden achegarse aos -20 °C. As xeadas duran de setembro a maio. Por contra os veráns son temperados e de relativa curta duración, en torno a algo máis de 20 °C de media. As precipitacións, porén, superan as medias manchegas, que non adoitan pasar os 500 mm, cifra que aquí si se supera. Abundan as nevadas (media comarcal de vinte e tres días anuais).

Historia[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente vén identificándose coa antiga Segontia prerromana, mais os historiadores opinan que as ruínas desta cidade están situadas a certa distancia ao norte. Esta primitiva urbe tivo continuidade durante a época visigoda.

A actual cidade recibiu o seu foro durante a Idade Media. O seu rol no Al-Ándalus foi eminentemente defensivo desde que os cristiáns se foron achegando á liña do río Texo (en 1085 estaban xa en Toledo, nunha latitude máis ao sur). Sigüenza foi conquistada en 1123 polo bispo Bernardo de Agen. Nos séculos XIV e XV a cidade xogou un papel estratéxico de primeira orde nas loitas civís castelás.

Ao longo da Idade Moderna foi un centro de produción manufactureira de tecidos de la, aínda que dependía das subministracións grandes gandeiros sorianos. Tivo unha das denominadas universidades menores (clausurada en 1837). Durante a Guerra de Independencia, foi saqueada polos franceses. En 1812, o guerrilleiro Francisco Espoz y Mina obtivo aquí unha sonada vitoria contra as tropas napoleónicas do xeneral Abbe.

Aínda que a cidade está na liña de ferrocarril Madrid-Zaragoza, a chegada deste medio de comunicacións non estimulou o crecemento de Sigüenza, que veu como perdía posicións fronte Guadalaxara, Jadraque ou Arcos de Jalón. Na actualidade, Azuqueca de Henares, sita tamén na conca do Henares, é unha localidade moito máis dinámica.

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

Vista nocturna da Alcazaba.

O pasado medieval e moderno deixoulle a Sigüenza un extraordinario legado patrimonial. O casco urbano diferénciase en dúas zonas, unha en torno á catedral, e outra, máis elevada, arredor do castelo. Contén unha antiga xudaría. Cómpre salientar:

  • Catedral, iniciada en 1124 por Bernardo de Agen, de contado foi tomada ao mouros a cidade. Templo románico con aspecto de fortaleza, polas súas torres provistas de ameas. Planta cisterciense. Foi rematada xa no século XV, polo que presenta elementos góticos e aínda platerescos. Posúe un rico tesouro artístico, destacando as pinturas de Tiziano e do Greco. No lado da epístola, á esquerda, pasado o transepto, arcosolio funerario escultórico do Doncel de Sigüenza. Sancristía das Cabezas, con miles de cabezas talladas, trazada por Alonso de Covarrubias. Capela de Santa Librada, padroeira da cidade. Claustro gótico.
  • Igrexa de Santa María a Vella, posibelmente utilizada como sede catedralicia inicialmente.
  • Alcazaba, do século XII, en parte arruinada, de pasado árabe. Reutilizada como Parador Nacional.
  • Igrexa de San Vicente, románica.
  • Casa-Pazo do Doncel, gótica.
  • Pazo episcopal, renacenista.
  • Casa do Concello, de estilo renacentista.
  • Capela da Humilladera, renacentista, utilizada como capela das monxas clarisas.
  • Museo Diocesano de Arte Antiga, localizado no que foi Pazo dos Gamboa (neoclásico), exhibe tallas e táboas medievais, cadros de Morales, imaxinería de Gaspar Becerra e Francisco Salcillo.

Arredores[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Sigüenza é unha cidade que vive do sector terciario: comercial, veraneo, asistencial sanitaria, turística e relixiosa.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Romaría da Virxe da Saúde (Virgen de la Salud), no segundo domingo de maio.
  • San Vicente, patrón da cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV.AA.: España: Guía artística en color. León. Ed. Everest. 1981.
  • Giles, Fernando de: Descubra España paso a paso: Castilla-La Mancha I: Toledo y Guadalajara. Madrid. Club Internacional del Libro. 1986 - ISBN 84-7461-737-5
  • Alonso, J.: Guadalajara, in VV.AA., Conocer España: Geografía y guía. T. 10: Castilla - La Mancha: Extremadura. Pamplona. Salvat Edic. 1988 - ISBN 84-7137-795-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]