Saltar ao contido

Catedral de Sigüenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Sigüenza
Sigüenza Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe da planta
Imaxe
 Epónimo
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
 Rito litúrxico
 Situación patrimonial
Ben de Interese Cultural
Período: 3 de xuño de 1931 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Dedicado a
Datas
 Fundación / creación
1144 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Anchura
   31 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   80 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Diocese
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap3333337 Editar o valor en Wikidata
VIAF152872362 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cc4_r0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

A catedral de Sigüenza está dedicada a Santa María a Maior, patroa da cidade de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, en Castela-A Mancha. A catedral comezouse a construír durante o século XII segundo as directrices da arquitectura románica. Foi unha encarga do bispo Bernardo de Agén, que en 1124 lidera a conquista da cidade ós musulmáns e así restaura a antiga diocese. Durante os séculos vindeiros e baixo o mando de diferentes bispos, as obras adaptáronse ós estilos propios de cada época. A nave central foi feita en estilo gótico e no século XV cubríronse as voltas do cruceiro cando era bispo o cardeal Mendoza. A parte ornamental non se engadiu até ben entrado o século XVIII.[1]

Na actualidade, entre tódolos estilos, destaca a arquitectura gótica, especialmente no aspecto interior. Isto débese, en parte, a unhas reformas realizadas durante o século XVI para construír o deambulatorio, obras nas que se destruíron as absidiolas laterais románicas. As dúas torres exteriores na fachada principal teñen ameas e danlle un aspecto de fortaleza militar ó edificio, detalle que tamén se olla noutros edificios relixiosos da mesma época, xa que tiñan unha función de templo-fortaleza. A de Sigüenza era chamada fortis seguntina.[1]

  1. 1 2 Navascués 1997: páx.107

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ávila, Ana (1993). Imágenes y símbolos en la arquitectura pintada española (1470-1560) (en castelán). Barcelona: Anthropos. ISBN 84-7658-417-2. 
  • Davara Rodríguez, Francisco Javier (1983). Diputación Provincial de Guadalajara, ed. La significación de la catedral medieval de Sigüenza (PDF). Wad-al-Hayara: Revista de estudios de Guadalajara (en castelán). ISSN 0214-7092. Consultado o 8 de setembro de 2010. 
  • De Federico, Aurelio (1954). La catedral de Sigüenza (en castelán). Madrid: Ediciones Plus Ultra.