Saltar ao contido

Molina de Aragón

Molina de Aragón
 Nome orixinal
Molina de Aragón (es)
Molina d'Aragón (an) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Molina de Aragón (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    molinés/-a (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.244 (2001) rexistro civil
3.280 (2002) rexistro civil
3.411 (2003) rexistro civil
3.478 (2004) rexistro civil
3.662 (2005) rexistro civil
3.656 (2006) rexistro civil
3.534 (2007) rexistro civil
3.667 (2008) rexistro civil
3.671 (2009) rexistro civil
3.646 (2010) rexistro civil
3.670 (2011) rexistro civil
3.706 (2012) rexistro civil
3.514 (2013) rexistro civil
3.572 (2014) rexistro civil
3.468 (2015) rexistro civil
3.403 (2016) rexistro civil
3.365 (2017) rexistro civil
3.295 (2018) rexistro civil
3.275 (2019) rexistro civil
3.233 (2020) rexistro civil
3.217 (2021) rexistro civil
3.234 (2022) rexistro civil
3.288 (2023) rexistro civil
3.280 (2024) rexistro civil
3.281 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.639 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.636 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   168,33 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.065 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal19300 Editar o valor en Wikidata
Código INE19190 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341091 Editar o valor en Wikidata
VIAF127878810 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z9y_z Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX452219
Wikidata C:Commons

Molina de Aragón é unha localidade e un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela - A Mancha. A súa poboación era de 3.656 habitantes en 2006.

O municipio, de 168 km², limita polo norte co de Rueda de la Sierra, polo noroeste con Tortuera e máis Embid, polo leste con Campillo de Dueñas e La Yunta, polo sueste con Castellar de la Muela, polo sur con Prados Redondos, polo suroeste con Castilnuevo, polo oeste con Corduente e polo nordeste con Rillo de Gallo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río Gallo atravesa a poboación. Polo sur bordea a vila o arroio de La Cava, unha rambla —corga característica da España mediterránea— que polo xeral leva auga e que no ano 1930 produciu graves inundacións.

Economía

[editar | editar a fonte]

Molina é unha vila dedicada ao comercio e aos servizos, con escasa industria. É o centro administrativo comarcal dunha área eminentemente agrícola e gandeira, cun incipiente turismo rural atraído pola natureza.

O nome actual da poboación procede da súa antiga pertenza á Coroa de Aragón. Pese a que foi tomada por Castela aos musulmáns, durante a guerra entre Castela e Aragón de 1356-1369, a vila (coñecida como Molina de los Caballeros, Molina de los Condes ou, simplemente, Villa de Molina) e máis a súa comarca pasaron ao reino de Aragón.

No ano 1375 foi reconquistada polas tropas de Pedro o Cruel de Castela, durante unha expedición de castigo contra os aragoneses que daban apoio a seu irmán bastardo Henrique na guerra que ambos mantiñan polo trono castelán. O exército chegou mesmo a conquistar Teruel, mais nos tratados de paz seguintes os casteláns retiraríanse de todos os territorios e localidades ocupadas, salvo da contorna de Molina, que sería coñecida a partir de entón como de Aragón. A vila de Molina, residencia habitual de Pedro I desde aquela altura, foi considerada como un territorio aparte, en mans do rei, costume que perdurou até a actualidade, xa que entre os títulos señoriais do rei de España, Xoán Carlos I, continúa a figurar o de "Señor de Molina".

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • O Castelo ou Alcácer, un dos maiores de España.
  • A ponte románica.
  • A igrexa e o convento de San Francisco.
  • A igrexa de Santa Clara.

En xeral a vila conserva boa parte do seu patrimonio medieval e da idade moderna.

Contorno ambiental

[editar | editar a fonte]

Molina está situada moi preto do Parque Natural do Alto Texo, que posúe especies mediterráneas de montaña alta e mediana, en óptimo estado de conservación. Constitúe ademais unha dos maiores áreas de canóns fluviais do interior peninsular. O parque conecta aínda con zonas turísticas e paisaxísticas como son a Serranía de Cuenca ou os Montes Universales (Teruel).

A 11 km de Molina de Aragón sitúase a ermida románica da Virxe do Congosto, no interior dun barranco espectacular.

Festas locais

[editar | editar a fonte]
  • As festas patronais son as do Cristo de Las Victorias (1 de setembro).
  • Nosa Señora do Carmo (16 de xullo), declarada de interese turístico rexional.
  • A Inmaculada (8 de decembro).
  • A loia á Virxe do Congosto (domingo de Pentecoste).
  • A Feira Medieval (terceira fin de semana de xuño).
  • O entroido.