Saltar ao contido

A Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación aproximada da Mancha (en vermello) respecto de España e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha (en gris escuro).

A Mancha[1] (en castelán: La Mancha) é unha rexión natural e histórica do centro de España, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, que ocupa boa parte das provincias de Albacete, Cidade Real, Cuenca e Toledo.

Ten unha extensión de máis de 30 000 km²,[2][3][4] aproximadamente 300 km de leste a oeste e 180 de norte a sur,[5] constituíndo unha das altiplanicies e rexións naturais máis extensas da Península Ibérica. Representa o extremo sur-oriental da Meseta Central, concretamente da Submeseta Sur.

As súas extensas e áridas chairas son coñecidas mundialmente grazas á novela de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha, a maior parte de cuxas aventuras e accións transcorren na xeografía desta rexión.

Ovellas e cabras na Mancha
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manchego.
  2. http://digital.csic.es/handle/10261/5848
  3. http://books.google.es/books?id=UhIC2EHDUPUC&printsec=frontcover#PPA165,M1
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2009. 
  5. Biblioteca Premium Microsoft Encarta. A Enciclopedia Espasa da unha cifra moi parecida: 295 km de leste a oeste, 184 de norte a sur.