Gaspar Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaspar Becerra
Museo del Prado-05-Becerra.jpg
Nacemento1520
 Baeza
Falecemento23 de xaneiro de 1568
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, escultor e arquitecto
editar datos en Wikidata ]

Gaspar Becerra, tamén chamado Gaspar de Becerra, nado en Baeza (Xaén) en 1520 e finado en Madrid en 1570, foi un pintor, escultor e arquitecto español, un dos máis notábeis do século XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo marchou a Roma, onde estudou a obra de Rafael e Miguelanxo, co que traballou, e colaborou tamén con Giorgio Vasari nos frescos das salas da Chancelaría, e máis cos pintores Il Bergamasco e Romulo Cincinnato. Becerra contribuíu así mesmo nos gravados anatómicos publicados por Juan Valverde de Amusco, Historia de la composición del cuerpo humano (Roma, 1556).

En 1556, volto a España, estabeleceuse por un tempo en Zaragoza. Na década seguinte pasou a Madrid, onde foi acollido ao servizo do rei Filipe II, para quen traballou no Palacio do Pardo e mais no Pazo Real do Alcázar. En 1562 tiña a categoría de escultor real e, no ano seguinte, de pintor real.

Por esa época, Becerra trasladouse a Astorga onde realizou o retablo principal da catedral. En 1562, o andaluz contratou tamén os retablos das igrexas parroquiais de Casaio e Casoio, na comarca ourensán de Valdeorras, pertencentes á diocese de Astorga. Por motivos, seguramente de imposibilidade física para atender os numerosos encargos que lle xurdían, tales retablos foron rematados por artistas como Pedro de Bilbao, Pedro de Arbulo e outros. Porén, os retablos reflicten as trazas de Becerra para o retablo maior da sé astorgana, e forman parte dos mellores exemplos manieristas en Galiza.

Obra[editar | editar a fonte]

Pintura[editar | editar a fonte]

  • Frescos, Palacio do Pardo, Madrid.
  • Magdalena penitente, Museo do Prado, Madrid (atribuído).

Escultura[editar | editar a fonte]