Salvinia auriculata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salvinia auriculata

Salvina auriculata no Pantanal do Mato Grosso
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Salviniaceae
Xénero: Salvinia
Especie: S. auriculata
Nome binomial
Salvinia auriculata
Aubl., 1775
Variedades
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Salvinia auriculata é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das dez comprendidos no xénero Salvinia.[1]

Orixinaria de América, onde se encontra desde México até o sur da Arxentina e Chile. Cultívase como planta ornamental, e naturalizouse en estado salvaxe nalgúns lugares.[2]

Esta especie é difícil de distinguir doutras do xénero Salvinia.[3] Por outro lado varía de tamaño dependendo da abundancia doutras plantas que convivan con ela.[4]

Como outras salviniáceas é unha planta invasora. Infestou o río Zambeze en 1949.[5] Tamén se considera invasora en Nova Caledonia.[6]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1775 polo farmacéutico, botánico e explorador francés Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet.[1][7][8]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Salvinia.

O epíteto específico, auriculata, é o feminino do nominativo do axectivo do latín científico auiriculātus, -a, -um, derivado do latín clásico auris, -is. "orella". Literalmente, "a que ten orellas".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do protónimo cuñado por Fusée-Aublet, a especie coñeceuse tamén polo sinónimos:[8][9]

  • Marsilea auriculata (Aubl.) Vitman
  • Marsilea natans Vell.
  • Salvinia affinis Desv.
  • Salvinia hispida Kunth
  • Salvinia olfersiana Klotzsch ex Britton
  • Salvinia rotundifolia Willd.

Variedades[editar | editar a fonte]

Dentro da especie distínguense as seguintes variedades:[8]

  • Salvinia auriculata var. auriculata Aubl.
  • Salvinia auriculata var. major C.V.Miranda & Schwartsb.
  • Salvinia auriculata var. olfersiana Baker
  • Salvinia auriculata var. sprucei Baker ex Kuhn

Características[editar | editar a fonte]

Rizoma con estela en forma de "U" en corte trans­versal; a lámina das follas (frondes) flotantes é de orbicular a orbicu­lar-cordada, de até 3 cm de diámetro, cunha fen­dedura en ambos os extremos, e presentan nu­me­rosas papilas cónicas dispostas en fileiras entre os nervios; as papilas xeralmente con de 2 a 4 tricomas soldados no seu extremo distal formando un "nó" escuro. Os esporocarpos, pedicula­dos sobre os eixes varias veces ramificados, son globosos, e non marcadamente apicu­lados.[1]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É un fieito flotante que vive en ríos, lagos e lagoas,[1] de distrinucón americana, encontrándose en México, as illas Bermudas, A Española, Cuba, Porto Rico, as Antillas Menores, as Galápagos, Trinidad, Centroamérica e, en Suramérica, en Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Güiana Francesa, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela.[9]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Salvinia auriculata Aubl. en World Flora Online. Consultado o 13 de abril de 2021.
  2. Salvinia auriculata Aubl. en U.S. National Plant Germplasm System. Consultado o 13 de abril de 2021.
  3. Salvinia auriculata en California Department of Food & Agriculture. Consultado o 13 de abril de 2021.
  4. Coelho, F. F. et al. (2000): "Density-dependent morphological plasticity in Salvinia auriculata Aublet". Aquatic Botany 66 (4): 273-280.
  5. Hattingh, E. R. (1961): "Problem of Salvinia auriculata Aubl. and associated aquatic weeds on Kariba Lake". Weed Research 1 (4) 303-306.
  6. Hequet, Vanessa (2009). Les espèces exotiques envahissantes de Nouvelle-Calédonie (PDF). p. 17. 
  7. Salvinia auriculata Aubl. no IPNI. Consultado o 13 de abril de 2021.
  8. 8,0 8,1 8,2 Salvinia auriculata Aubl. no GBIF. Consultado o 13 de abril de 2021.
  9. 9,0 9,1 Salvinia auriculata Aubl. en World Plants. Consultado o 13 de abril de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]