Illa Trinidad
| (en) Trinidad | ||||
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Santa Trindade | |||
| Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores | |||
| Situado na entidade xeográfica | Antillas Menores | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Trinidad e Tobago | |||
| ||||
| Bañado por | Mar Caribe, Canal de Colombo (pt) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 940 m | |||
| Dimensións | 97 ( | |||
| Punto máis alto | Cerro del Aripo | |||
| Superficie | 4.768 km² | |||
Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberta por Cristovo Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Vicerreinado da Nova España.
No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.
En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha frota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.[1] Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Railroad Map of Trinidad". World Digital Library. 1925. Consultado o 2013-10-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Trinidad |
