Fronde
Unha fronde é unha folla grande que á súa vez ten moitas divisións chamadas pínnulas ou folíolos. O termo emprégase tipicamente para as follas de palmeiras, fieitos (ou fentos)...
Unha fronde é unha folla como a estrutura dun fieito ou dunha alga. O termo familiar aplícase ás follas de palmeiras e demais plantas con follas compostas por pínnulas (tamén chamadas folíolos). As frondes dos fieitos levan as estruturas reprodutivas (soros e esporanxios)
A fronde dun fieito está formado por un estipe, o tronco que soporta a folla, e a folla consiste nun tecido fotosintético laminar. As follas das frondes dos fieitos poden variar de seren simples (sen dividir) a pinnuladas. Se o tecido da folla non está dividida, a fronde pode describirse como lubalada, se non, a folla é composta e cada división do tecido laminar chámase pínnula. As pínnulas pódense distribuír ao longo do raque ou directamente enfrontadas enriba do tronco
Moitos fieitos teñen pínnulas que se dividen dúas ou máis veces, e segundo o nivel de división desta dise:
- Fronde pinnulada: Só existe unha división do limbo.
- Fronde bipinnulada: Existen dúas divisións do limbo.
- Fronde tripinnulada: Existen tres divisións do limbo.
- Fronte catripinnulada: Existen catro divisións do limbo.
Algunhas especies de fieitos coas frondes divididas non son pinnuladas, senón palmadas ou bifurcadas.
Nalgunha ou todas as follas maduras (xeralmente na superficie abaxial) xorden os esporanxios, que levan as esporas. Os esporanxios agrúpanse en soros. En moitas especies a estes soros lígase unha superficie membranosa chamada indusio. As frondes tamén poden estar cubertos por pelos.
Cada fronde medra do tronco ou rizoma, que na maioría das especies está cuberto de terra ou arrástrase por riba da superficie da mesma. O crecemento dunha fronde de fieito diferénciase do crecemento dunha folla de planta con flor, xa que a fronde do fieito medra nunha elipse con aspecto de violín.
En certas especies de fieitos as frondes fértiles diferéncianse das estériles en aspecto e morfoloxía.