Polypodiopsida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pteridopsida ~ Fieitos modernos
Fieito
Fieito
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida (antes Pteridopsida)
Ordes

Polypodiposida é unha clase de plantas da División Pteridophyta (fieitos) que inclúe todos os fieitos leptosporanxiados. Antes chamada Pteridopsida, na recente clasificación feita no 2006 por Smith et al. a clase é renomeada a Polypodiposida. Este nome recente de fieitos Monilophyta baséase en estudos moleculares publicados desde 1994 que clarificaron algunhas das confusións na clasificación e relacións entre as familias de fieitos.[1] Polypodiopsida é unha das catro clases de Monilophytes (unha Infradivisión, esta clasificación non é recoñecida polo International Code of Botanical Nomenclature), as outras tres son Marattiopsida, Equisetopsida, e Psilotopsida.[1]

Classificación[editar | editar a fonte]

O esquema de clasificación proposto por Smith et al.(nomes alternativos entre parénteses):



Discusión da Clasificación Molecular[editar | editar a fonte]

Houbo algunha oposición aos recentes estudos moleculares, avisando que ofrecen unha visión sesgada das ordes filoxenéticas porque os estudos non teñen en conta fósiles representativos [2]. De calquera xeito, os estudos moleculares aclararon relacións entre familias que foron cridas como non monofiléticas antes da información molecular, as cales foron deixadas en clasificacións non monofiléticas porque non se tiña información abondo para facer o contrario [3]. A reclasificación dos fieitos empregando múltiples estudos moleculares, os cales se apoian entre sí, non é diferente entre clasificacións do pasado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Smith, A. R., K. M. Pryer, et al. (2006). "A classification for extant ferns." Taxon 55(3): 705-731
  2. Rothwell, G. W. and K. C. Nixon (2006). "How does the inclusion of fossil data change our conclusions about the phylogenetic history of euphyllophytes." Int. J. Plant Sci 167(3): 737-749
  3. Kramer, K. U. (1990). Notes on the Higher Level Classification of the Recent Ferns. The Families and Genera of Vascular Plants: Pteridophytes and Gymnosperms. K. Kubitzki, K. U. Kramer and P. S. Green. New York, Springer-Verlag. 1: 49-52
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polypodiopsida