Sabin Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sabín Bilbao»)
Sabin Bilbao
Información persoal
Nome Sabin Bilbao Bolumburu
Nacemento 16 de xaneiro de 1960 (64 anos)
Lugar de nacemento Loiu
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
?–1984 Erandio
1984–1986 Alavés
1986–1989 Sestao 91 (10)
1989–1993 Deportivo da Coruña 112 (5)
1993–1994 Granada
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Sabin Bilbao Bolumburu, nado en Loiu (Biscaia) o 6 de xaneiro de 1960, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse a principios dos anos 1980 no Erandio CF de Segunda División B, onde estivo até 1984. Na tempada 1984–85 fichou polo Deportivo Alavés, onde estivo dúas campañas, conseguindo na última o ascenso a Segunda División.

Na tempada 1985–86 foi contratado polo Sestao Sport Club, debutando na categoría de prata. No club biscaíno estivo tres campañas, tendo máis presenza nas dúas últimas.

Na tempada 1989–90 fichou polo Deportivo da Coruña e baixo as ordes de Arsenio Iglesias conseguiu o ascenso a Primeira División ao remate da tempada 1990–91. O seu debut en Primeira foi na tempada 1991–92, baixo as ordes de Marco Antonio Boronat, marcando curiosamente o primeiro gol do Deportivo tras o seu retorno á máxima categoría. Na tempada 1992–93, na que tan só xogou tres encontros, rescindiu o seu contrato co club coruñés.

Na tempada 1993–94 militou no Granada CF, en Segunda División B.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]