Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade
Aparencia

O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade é un galardón creado en homenaxe a figura do escritor Agustín Fernández Paz. Está organizado polo Concello de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos e Edicións Xerais de Galicia. A primeira edición data de 2017.[1]
Ten unha dotación económica de 3.000 euros. Os textos presentados enmárcanse dentro da literatura infantil e xuvenil, e a súa temática está relacionada co compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade etc.[2]
Obra galardoada
[editar | editar a fonte]- Fóra do normal, de María Reimóndez[3] (2017)
- Tres bichiconas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros[4] (2018)
- Plan de rescate, de Antía Yáñez (2019)
- A cidade do Átomo, de Iria Misa (2020)[5]
- A gruta da torre, de Lois Pérez Díaz (2021)
- Ringo. Memorias dun coello fedello, de Pablo Nogueira Campo (2022)[6]
- Quen precisa unha avoa?, de Andrea Barreira Freije (2023)[7]
- Onde caben catro, de Eva Mejuto (2024).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-24.
- ↑ I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, nova no sitio web da Galix o 1 de maio de 2017.
- ↑ Chío na conta de Twitter de Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ "Rosa Aneiros gaña o 'Fernández Paz' de narrativa xuvenil pola igualdade". Sermos Galiza. 28 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "Onte 2092: Iria Misa, Premio Agustín 2020 – Brétemas". Consultado o 2020-11-03.
- ↑ Diario, Nós (2022-11-17). "Pablo Nogueira: "Desde a literatura debemos dar resposta a unha sociedade cada vez máis diversa"". Nós Diario. Consultado o 2022-11-17.
- ↑ Mato, Arturo Gómez (2023-10-21). "Andrea Barreira Freije é a gañadora do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade". Instituto de Estudos Chairegos. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2024-10-29). "Eva Mejuto: "Este premio pega o meu nome ao de Agustín e iso faime moi feliz"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-10-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bases do premio Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine..