Lo que escondían sus ojos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lo que escondían sus ojos
IntérpretesBlanca Suárez
Rubén Cortada
Javier Gutiérrez
Pepa Aniorte
Javier Rey
Emilio Gutiérrez Caba
Charlotte Vega
Antonio Pagudo
Pepa Rus
Cristina de Inza
David Solans
Carlos Santos
Ricardo de Barreiro
País de orixeEspaña España
Episodios4
Produción
Duración75 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco Telecinco
Primeiro episodio22 de novembro de 2016
Derradeiro episodio20 de decembro de 2016
Na rede
IMDB: tt5156892 Filmaffinity: 708288 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lo que escondían sus ojos é unha miniserie de televisión baseada na novela homónima de Nieves Herrero Cerezo, que recrea unha historia de amor entre o ministro franquista Ramón Serrano Suñer e a Marquesa de Llanzol, que se converteu nun escándalo nos círculos sociais máis exclusivos da sociedade do momento e que non chegou a transcender á opinión pública.[1]

Producida por Mediaset España para a cadea española Telecinco que foi emitida entre o 22 de novembro e o 20 de decembro de 2016 e está protagonizada por Blanca Suárez e Rubén Cortada.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A marquesa de Llanzol (Blanca Suárez), unha muller avanzada ao seu tempo que o tiña todo -beleza, riqueza e posición social- e Ramón Serrano Suñer (Rubén Cortada), cuñado de Francisco Franco, ministro de Asuntos Exteriores e un dos homes fortes do Réxime franquista, namoráronse e viviron un romance clandestino na España da posguerra, unha época na que a Guerra civil española devastara o país e na que nazis e aliados buscaban o apoio da nación nos albores da segunda guerra mundial.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Episodios e audiencias[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director (es) Data de emisión Audiencia
11 "Dos mundos opuestos" Salvador Calvo22 de novembro de 20163 348 000 (19,3%)
21 "A corazón abierto" Salvador Calvo29 de novembro de 20163 213 000 (18,7%)
31 "Un secretos a voces" 13 de decembro de 2016
41 "El mundo en nuestra contra" 20 de decembro de 2016

Crítica[editar | editar a fonte]

A serie foi criticada tanto por quen considera que banaliza os crimes cometidos baixo o Réxime franquista como polo escaso rigor histórico.[3]

L'Amical Mauthausen considera que a miniserie constitúe "unha ofensa directa ás vítimas do franquismo e do nazismo e aos seus familiares". Nunha nota de prensa calculan que "uns 5.500 republicanos españois, homes, mulleres e nenos, non saíron xamais dos campos de concentración. 5.500 mortes que son responsabilidade directa de Serrano Suñer".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. fotogramas.es, ed. (outubro de 2015). "Telecinco completa o elenco de ‘Lo que escondían sus ojos’". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016. 
  2. telecinco.es, ed. (setembro de 2015). "Blanca Suárez e Rubén Cortada protagonizarán 'Lo que escondían sus ojos'.". 
  3. Crítica de «Lo que escondían sus ojos»: Ferrero Suñer en abc.es
  4. "Nota de prensa". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]