Emilio Aragón Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Aragón Álvarez
Emilio Aragón ensayando OSG.jpg
Emilio Aragón nos ensaios coa Orquestra Sinfónica de Galicia, marzo de 2015.
Nome completoEmilio Tomás Aragón Álvarez
Nacemento16 de abril de 1959 (60 anos)
LugarA Habana, Flag of Cuba.svg Cuba
NacionalidadeEspaña e Cuba
PaiEmilio Aragón Bermúdez
Cónxuxe(s)Aruca Fernández-Vega Feijóo
(1983-presente)[1]
FillosIcíar, Macarena e Ignacio
ProfesiónHumorista, director de cine, guionista, músico, actor, presentador, empresario audiovisual.
http://www.emilioaragon.com/
editar datos en Wikidata ]

Emilio Tomás Aragón Álvarez, máis coñecido como Emilio Aragón e ao principio da súa carreira como Milikito, nado na Habana, Cuba o 16 de abril de 1959, é un humorista, actor, músico,presentador, director de cine, guionista, compositor e empresario audiovisual español. Foi o presidente honorífico da cadea de televisión La Sexta. É fillo do famoso pallaso español Emilio Aragón Bermúdez, máis coñecido como Miliki (1929-2012).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencente á saga da Familia Aragón, é fillo de Emilio Aragón Bermúdez (Miliki) e de Rita Violeta Álvarez.

Comezou a súa carreira no programa El gran circo de TVE en 1977, co nome de Milikito, xunto ao seu pai, ao seu tío Gabriel Aragón Bermúdez Gaby, e ao seu primo Alfonso Aragón Sac Fofito. En 1981 abandona este programa que fora bautizado popularmente como Os pallasos da tele e dous anos máis tarde presenta na tempada 1983-1984 de Televisión Española o espazo Ni en vivo ni en directo que baseaba o seu contido en sketchs de humor. Máis tarde, en setembro de 1984 estreou en Madrid o musical Barnum, creado por Mark Bramble,Cy Coleman e Michael Stewart, e do que foi produtor executivo, protagonista e responsable das letras en castelán.[2]

Alcanzou gran popularidade na metade da década dos 80 como presentador. Nesta época encargouse do programa Saque Bola de Canal Sur acompañado de José María Fraguas. Por este traballo obtivo o TP de Ouro ao personaxe máis popular de Canal Sur. Pero o seu salto á fama chegou co programa VIP en Telecinco[3], un concurso vespertino que dirixiu de luns a venres xunto ao realizador Daniel Écija e coa colaboración na presentación de Belén Rueda. O espazo obtivo unha boa aceptación e froito dela pronto se abordou a súa versión infantil, VIP Guay para os sábados copresentada por Ana Chávarri, e VIP Noite. Será neste último onde, debido á súa mestura de concurso e gala, adquiriu a súa imaxe máis lembrada daqueles anos co seu esmoquin acompañado de zapatillas deportivas, así como a súa palabra máis emblemática: "Dabuten". Estaba acompañado tamén pola cantante mexicana Thalía e as integrantes do grupo feminino Cacao Maravillao. Tamén fixo un pequeno cameo no filme de Martes y Trece El robobo de la jojoya en 1991.

En 1992 o por entón presidente do Grupo Zeta Antonio Asensio faise co control de Antena 3 e acomete unha importante renovación de todo o seu persoal. Tras La Regala, programa especial de Nadal gravado no Palau de Sant Jordi ante 15 000 persoas[4] Emilio Aragón e o seu equipo foi a súa fichaxe máis recoñecible, e tras outorgarlle a dirección do espazo Noche, noche[5], na tempada 1993-1994 foi posto á fronte de El gran juego de la oca, que se converteu no seu maior éxito na cadea[5]. Por estas datas e en compaña da súa man dereita, o xa mencionado Daniel Écija, funda en 1993 a produtora Globomedia que concibiu ou adaptou para España programas como ¡Que me dices!, Caiga Quien Caiga ou El Club de la Comedia[5], ou series como Compañeros ou posteriormente 7 vidas, Aída, Los hombres de Paco e moitas máis.

En 1995 e tras un tempo no estranxeiro volve a Telecinco cun proxecto de serie familiar que ao cabo se traduciría no seu papel protagonista máis lembrado e recoñecido polo público: Médico de familia, que permaneceu en antena até decembro de 1999. Na mesma, e á marxe da súa faceta de produtor, encarnaba o personaxe principal: Nacho Martín. Tras esta aposta, mantivo na mesma cadea entre 2002 e 2003 tres tempadas da produción Javier ya no vive solo na que interpretaba un corentón solteiro que se facía cargo das súas sobriñas, aínda que non conseguiu revalidar o éxito do seu anterior formato. Finalmente en 2004 volveu probar sorte en Antena 3 con Casi perfectos[5], aínda que os malos resultados de audiencia levaron á cadea a cancelar a súa emisión tras unha segunda tempada pobre en resultados.[6]

Desde 2006 é presidente honorífico da cadea de televisión LaSexta da que Globomedia posúe unha parte importante da súa participación. Nela presentou o programa de improvisación Los irrepetibles de Amstel e adquiriu o alcume cariñoso de "El señor de La Sexta" outorgado polo programa Sé lo que hicisteis.... Entre medias dirixiu en 2009 o seu primeiro filme, Pájaros de papel[7] con Imanol Arias, Lluís Homar e Carmen Machi. En 2012 viaxa a Estados Unidos para dirixir a Robert Duvall no filme A Night in Old Mexico, que se estreou en maio de 2014.

Outras das súas facetas foron as de intérprete de álbums musicais de corte desenfadado como Te huelen los pies, posúe o título de piloto, e forma parte de asociacións de fins solidarios como Acción Contra el Hambre (da que é vicepresidente), Intermón Oxfam, o Comité Drogas No e a Fundación Dales la Palabra. Tamén forma parte do proxecto "No Hunger" que pretende convencer a Al Gore para que o seu próximo documental estea dirixido contra a desnutrición debido ao gran calado social do seu An Inconvenient Truth.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo do pallaso Emilio Aragón Bermúdez e unha cubana, Rita Violeta Álvarez Fernández. Ten tres irmáns, Rita Irasema, unha cantante e presentadora, María del Pilar, unha empresaria de Globomedia e María Amparo unha escenógrafa de El Gran Juego de la Oca e de Médico de familia. Emilio casou en Asturias o 19 de agosto de 1983[8] con Aruca Fernández-Veiga Feijoó, pertencente a unha longa saga de prestixiosos oftalmólogos[9], teñen tres fillos: Icíar (1985), Macarena (1988) e Ignacio (1995).

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Canle Notas
1968 El show de las cinco Canal 8
1977-1981 El gran circo de TVE TVE
1980 625 líneas TVE Invitado xunto a Gaby, Miliki e Fofito
1982 El loco mundo de los payasos TVE Programa: 25 de maio de 1982
1982 Tompy, el conejito de trapo TVE Especial de televisión
1983-1984 Ni en vivo ni en directo TVE
1985 Festival OTI de la Canción TVE Xunto a Paloma San Basilio
1989 Saque Bola Canal Sur Presentador
1990 VIP Telecinco Presentador
1990-1992 VIP Noche Telecinco Presentador
1990-1991 VIP Guay Telecinco Presentador
1993 Noche, noche Antena 3 Presentador
1993-1994 El gran juego de la oca Antena 3 Presentador
2002-2003 El Club de la Comedia Antena 3 Presentador
2006-2007 Los irrepetibles de Amstel laSexta Presentador
2016-presente El Hormiguero Antena 3 Colaborador

Filmes[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1987 Policía Gumersindo 'Gumer' Protagonista
1991 El robobo de la jojoya Cliente Asustado Cameo
1988 Tú y yo Emilio Fonseca Directo a VHS

Como director[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
2010 Pájaros de papel Tamén guionista e compositor
2014 A Night in Old Mexico Tamén compositor e produtor
Emilio Aragón na rodaxe dun filme

Como produtor[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
2008 Carlitos y el campo de los sueños Tamén compositor

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1995-1999 Médico de familia Nacho Martín Papel principal
2002-2003 Javier ya no vive solo Javier Papel principal
2004-2005 Casi perfectos Andrés Costa Papel principal

Como director[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
2017 Pulsaciones Tamén guionista

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Gaby Miliki Fofito y Milikito "Había una vez un disco" (1977)
  • Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cómo me pica la nariz" (1979)
  • Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cantando siempre cantando" (1980)
  • Discolandia (1980)
  • Te huelen los pies (1991)
  • Eso Es Así (1992)
  • Atrapado (1993)
  • A mis niños de 30 años (1999)
  • El Soldadito de Plomo: Conto sinfónico (2004)
  • El Soldadet de Plom (versión en catalán) (2005)
  • Bach to Cuba (2006)
  • Carlitos y el campo de los sueños: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2008)
  • Pájaros de papel: Banda sonora orixinal do filme Pájaros de papel (2010)
  • Longum Vitae Suspirium: Cantata para barítono, coro e orquestra (2011)
  • A Night in Old Mexico: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2013)

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Compositor[editar | editar a fonte]

Espectáculos[editar | editar a fonte]

  • Festival Mundial do Circo (1977)
  • Barnum (1984)

Publicidade[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor canción orixinal "Aquí Sigo", de A Night in Old Mexico Nomeado
Mellor música orixinal A Night in Old Mexico Nomeado
2010 Mellor dirección novel Pájaros de papel Nomeado
Mellor canción orixinal "No se puede vivir con un franco", de Pájaros de papel Nomeado

Antena de Oro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
1991 Televisión VIP Noche Gañador

Fotogramas de Prata[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
1997 Mellor Actor de TV Médico de familia Nomeado
1996
1995

Premios Ondas[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
1991 Nacionais de Televisión VIP Noche Gañador
1996 Nacionais de Televisión Médico de familia Gañador

TP de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
1999 Mellor Actor Médico de familia Nomeado
1998
1997 Mellor Actor Médico de familia Gañador
1996
1995
1993 Mellor Presentador El gran juego de la oca e Noche, noche Gañador
1991 Mellor Presentador VIP Noche e VIP Guay Gañador
1990
1989 Personaxe máis popular de Canal Sur Saque Bola Gañador

Premios Emmy[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
1983 Mellor programa de humor Ni en vivo ni en directo Finalista

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]