Saltar ao contido

Encallados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Encallados
 Título
Encallados Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
2014 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración65 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt3706176 Filmaffinity: 220374 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Encallados é un telefilme galego de comedia dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no ano 2013. Foi rodado en branco e negro con formato de 16 mm.[1] Está protagonizado por Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro e Farruco Castromán,[1] quen tamén foi produtor executivo. O filme tamén conta coas aparicións especias de Luís Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez. Nos Premios Mestre Mateo 2013, foi galardoado con tres premios nas categorías de mellor filme para televisión, mellor montaxe e mellor fotografía.[2] Tamén estivo nomeado nas categorías de mellor director para Zarauza e mellor actor para Abonjo.

Conta a historia dun director de cinema que ten que reescribir o guión dun filme en poucas semanas. Para iso conta coa axuda de dous guionistas recoñecidos, mais o proxecto non semella avanzar como debera. Durante o proceso enfróntanse a presións externas e as limitadas posibilidades de produción.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Encallados rodouse no mes de maio de 2012 en Santiago de Compostela. O proxecto foi subencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.[2]

  1. 1,0 1,1 Culturagalega.gal, ed. (11 de xuño de 2014). "Compostela acolle a estrea de Encallados". Consultado o 20 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Audiovisual Galego (ed.). "Encallados en AVG". Consultado o 20 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]