Referendo de independencia de Cataluña de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
             Cataluña             
Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017
1 de outubro de 2017
Tipo Referendo
Debate(s) Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?

Demografía electoral
Electores 5.313.564
Votantes 2.286.217
Participación
  
43.03%
Votos válidos 2.266.498
Votos en branco 44.913
Votos nulos 19.719
Si
  
90.18%
Non
  
7.83%
Papeleta do referendo.

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017.[1][2][3] Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.[4][5]

Historia[editar | editar a fonte]

Maioría parlamentaria prorreferendo[editar | editar a fonte]

Foto oficial do Goberno de Puigdemont.

O 27 de setembro de 2015 realizáronse as eleccións ó Parlamento de Cataluña. Estas eleccións deron unha maioría de forzas políticas prorreferendo (Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e fixo posible a creación dun goberno prorreferendo.

Anuncio do referendo[editar | editar a fonte]

O anuncio da convocatoria deste referendo realizouno o presidente Carles Puigdemont, o 28 de setembro de 2016 dende o Parlamento de Cataluña, como resultado do bloqueo realizado polo Goberno de España.[6][7][8] Tamén se fixo público que a arquitectura do referendo e a súa organización sería responsabilidade do vicepresidente, Oriol Junqueras, e o conselleiro de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia, Raül Romeva.

Anuncio da data e pregunta do referendo[editar | editar a fonte]

O 9 de xuño de 2017, o Goberno de Cataluña, xunto con todos os membros independentistas do Parlamento de Cataluña, anunciou a data e pregunta para o referendo nunha cerimonia solemne no Pati dels Tarongers do Palau de la Generalitat. A pregunta será: "Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?" e será feita nas tres linguas oficiais faladas en Cataluña (en catalán, español e aranés). A data fixada para o referendo, foi o 1 de outubro de 2017.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  2. "Parliament approves calling a referendum with or without Spain’s consent". Catalan News Agency. 7 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  3. Calvo, Amanda (6 de outubro de 2016). "Catalan parliament votes yes to independence referendum next September". Reuters. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  4. "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  5. "Catalan Referendum on Independence 'Not Possible' Says Spain PM". Voice of America. 30 de decembro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  6. "Puigdemont anuncia que convocarà el referèndum sobre la independència al setembre del 2017". Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals. 29 de setembro de 2016. Consultado o 2 outubro de 2016. 
  7. Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  8. "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  9. ""¿Voleu que Catalunya sigui un Estat independent en forma de república?", la pregunta del referèndum de l'1 d'octubre". Ara.cat (en catalán). 
  10. Cordero, Dani (9 de xuño de 2017). "Puigdemont anuncia para el 1 de octubre el referéndum sobre la independencia". EL PAÍS (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]