Referendo de autodeterminación de Cataluña
![]() | Suxeriuse que "Consulta sobre a independencia de Cataluña" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
![]() | |||||||||||
Consulta sobre a independencia de Cataluña | |||||||||||
9 de novembro de 2014 | |||||||||||
Tipo | Alternativa ó Referendo de autodeterminación de Cataluña | ||||||||||
Debate(s) | Quere que Cataluña sexa un Estado? En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente? | ||||||||||
Demografía electoral | |||||||||||
Votantes | 2 305 290 | ||||||||||
Participación | |||||||||||
37.02% | |||||||||||
Resultados | |||||||||||
![]() | |||||||||||
Si-Si | 80.76% | ||||||||||
Si-Non | 10.07% | ||||||||||
Si-Branco | 0.97% | ||||||||||
Non | 4.54% | ||||||||||
En branco | 0.56% | ||||||||||
Outros | 3.09% | ||||||||||
Fonte: El País |
O referendo de autodeterminación de Cataluña é un referendo sobre o "futuro político de Cataluña"[1] que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,[2][3][4][5] e coñecido como "Pacto pola Liberdade".[2][6][7] O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous comprometeríanse en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo."[1][8] Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.
O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia celebraríase o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?".[9][10] O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."[11][12]
O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa.[13] Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3[14] e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Procés de convocatòria de la consulta sobre el futur polític de Catalunya" (PDF) (en catalán). Consultado o 17 de setembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "CIU and ERC came to an agreement in Catalonia: Referendum in 2014" (en catalán). VilaWeb. 18 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012
- ↑ Agreement in Catalonia on date of independence referendum Arquivado 17 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Euronews, 19 decembro de 2012
- ↑ Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 de decembro de 2012
- ↑ "Mas and Junqueras come to an agreement on helding the independence referendum on 2014" (en catalán). Diari Ara. 18 de decembro de 2012.
- ↑ "Artur Mas and Oriol Jonqueras sign the "Agreement for the Freedom"" (en catalán). The Singular Digital. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ Noguer, Miquel; Roger, Maiol (18 de decembro de 2012). "CiU y ERC pactan la consulta de autodeterminación para 2014". El País.
- ↑ Catalan President Mas: "The country's good sense has made it possible to come to a consensus and agree on an inclusive, clear question, which enjoys broad support" Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Goberno de Cataluña.
- ↑ Political parties announce date for vote on Catalonia independence, CNN.
- ↑ Spain to block Catalonia independence referendum, BBC World.
- ↑ Spain Rejects Call for Catalonia Independence Vote, TIME.
- ↑ Noguer, Miquel (14 de outubro de 2014). "Mas llama a una consulta alternativa mientras prepara unas plebiscitarias". El País. Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ «As consultas populares non referendarias poden ser de carácter xeral ou sectorial. As consultas xerais son as abertas ás persoas lexitimadas para participar nos termos estabelecidos no artigo 5».
- ↑ "Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015". Tribunal Constitucional de España. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Consulta popular no referendària sobre el futur polític de Catalunya 2014". gencat.cat. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014.(en varias linguas).
- Catalonia VotesArquivado 29 de maio de 2017 en Wayback Machine. (en varias linguas).