Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
‹ 1992 • Cataluña • 1999
Eleccións ao Parlamento de Cataluña
135 escanos do Parlamento
19 de novembro de 1995
Tipo Lexislativa
Período 1995-1999

Demografía electoral
Electores 5.079.981
Votantes 3.232.959
Participación
  
63.64%  16%
Votos válidos 3.223.952
Votos en branco 31.417
Votos nulos 9.007

Resultados
CiU - Jordi Pujol
Votos 1.320.071  8.1%
Escanos obtidos 60  14.3%
  
41.35%
PSC - Joaquim Nadal
Votos 802.252  10.2%
Escanos obtidos 34  15%
  
25.13%
PPC - Alejo Vidal-Quadras
Votos 421.752  167.3%
Escanos obtidos 17  142.9%
  
13.21%
ERC - Àngel Colom
Votos 305.867  45.4%
Escanos obtidos 13  18.2%
  
9.58%
ICV - Rafael Ribó
Votos 313.092  82.2%
Escanos obtidos 11  57.1%
  
9.81%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995

Presidente da Generalitat de Cataluña

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995 celebráronse o 19 de novembro de 1995, as quintas eleccións ao Parlamento de Cataluña trala instauración da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña en 1977. Foron convocadas a votar 5.079.981 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da segunda lexislatura democrática. Acudiron a votar 3.232.959 persoas, uns 400.000 votantes máis que en 1992, o que deu unha participación do 63,64 por cento, a cifra máis alta dunhas eleccións autonómicas catalás.

As eleccións foron anticipadas cinco meses, xa que debían terse celebrado o domingo 14 de abril de 1996. As eleccións de 1995 supuxeron un punto de inflexión na tendencia política: a alta participación significou que, respecto ás eleccións de 1992, perderan escanos os dous grandes partidos, Convergència i Unió (10) e o PSC (6), en beneficio do Partido Popular, que gañou 10 escanos, ERC que sumou 2, e Iniciativa per Catalunya que gañou 4 novos escanos.

Malia a súa gran perda de escanos, o partido máis votado volveu ser, por quinta vez consecutiva, Convergència i Unió que, con 1.320.071 votos (un 40,95 por cento), obtivo 60 escanos, mais perdeu a maioría absoluta.

Trala formación do Parlamento de Cataluña, o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, tivo que negociar co Partido Popular a abstención dos seus deputados para poder ser investido por quinta vez consecutiva Presidente da Generalitat de Cataluña. A investidura[1] logrouse con maioría simple na segunda votación, xa que na primeira non conseguiu a maioría absoluta da cámara. O PSC abstívose tanto na primeira como na segunda votación como xesto de boa vontade cara a CiU. ERC votou en contra na primeira e abstívose na segunda. ICV mantivo o seu voto en contra en ámbalas votacións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mecanismo de investidura Arquivado 03 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (catalán)
  2. [1][2] Distribución de votos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]