Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña
| Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Emblema | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua oficial
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Cargo dirixente
| |||||||
|
Entidades subsidiarias
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Campo de traballo
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

O Departamento de Interior (en catalán: Departament d'Interior) é un dos departamentos nos que se organiza a actual administración da Generalitat de Cataluña, encargado de exercer as atribucións nos seguintes ámbitos:
- As funcións relacionadas coa seguridade cidadá
- O tráfico
- As emerxencias e a protección civil
- A prevención, extinción de incendios e salvamento
- Os espectáculos públicos e actividades recreativas
- Calquera outra que dispoñan as leis e outras disposicións
Durante as lexislaturas I a V (1980-1999) da Generalitat contemporánea, estas competencias estaban adscritas ao Departamento de Gobernación.
Dependen do departamento o Insituto de Seguridade Pública de Cataluña, o Centro de Atención e Xestión de Chamadas de Urxencia 112 e o Servizo Catalán de Tráfico.
A súa sede principal atópase no Palau del Marquès de Santa Isabel, no Passeig de Sant Joan de Barcelona.
Composición
[editar | editar a fonte]O máximo representante do Departamento de Interior é o conseller d'Interior (conselleiro de Interior). Baixo a dirección do conseller, o Departamento estrutúrase nos seguintes órganos:
- A Secretaría Xeral
- A Dirección Xeral de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamentos
- A Dirección Xeral da Policía
- A Dirección Xeral de Protección Civil
- A Dirección Xeral de Administración de Seguridade
Lista de consellers d'Interior
[editar | editar a fonte]| Lexislatura | Nome da consellería | Titular | Inicio | Fin | Partido |
|---|---|---|---|---|---|
| VI | Interior | Xavier Pomés i Abella | 29 de novembro de 1999 | 4 de novembro de 2002 | CDC |
| VI | Xustiza e Interior | Núria de Gispert i Català | 4 de novembro de 2002 | 17 de decembro de 2003 | UDC |
| VII | Interior | Montserrat Tura i Camafreita | 17 de decembro de 2003 | 29 de decembro de 2006 | PSC |
| VIII | Interior, Relacións institucionais e Participación | Joan Saura i Laporta | 29 de novembro de 2006 | 29 de decembro de 2010 | ICV-EUiA |
| IX | Interior | Felip Puig i Godes | 29 de decembro de 2010 | 27 de decembro de 2012 | CDC |
| X | Interior | Ramon Espadaler i Parcerisas | 27 de decembro de 2012 | 22 de xuño de 2015 | UDC |
| X | Interior | Jordi Jané i Guasch | 22 de xuño de 2015 | 14 de xaneiro de 2016 | CDC |
| XI | Interior | Jordi Jané i Guasch | 14 de xaneiro de 2016 | no cargo | Junts pel Sí |