Oriol Junqueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oriol Junqueras
Oriol Junqueras retrat.jpg
Oriol Junqueras i Vies
Datos persoais
Nacemento 11 de abril de 1969 (48 anos)
Lugar Barcelona
Organización Esquerra Republicana de Catalunya
Profesión Historiador e político

Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán, foi Vicepresidente e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Catalunya, ata o seu cesamento no cargo o 21 de outubro de 2017. [1]

Foi alcalde de Sant Vicenç dels Horts (2011-2015), é deputado no Parlament de Catalunya dende 2012, e presidente de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011. Foi líder da oposición no Parlament de Catalunya (2013-2016).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Historia Moderna e Contemporánea e doutor en Historia do Pensamento Económico pola Universidade Autónoma de Barcelona. A súa tese trouxo por título "Economía e pensamento económico na Cataluña do alta idade moderna" e analizaba o nacemento do pensamento económico moderno no Mediterráneo occidental establecendo os paralelismos oportunos co pensamento inglés e castelán das primeiras décadas do século XVII.

Actualmente é profesor agregado ao departamento de historia moderna e contemporánea da UAB. Colaborou en diferentes medios de comunicación, por exemplo nos programas "En guàrdia" e "El nas de Cleòpatra" de Catalunya Ràdio, nos programas "Minoria absoluta" e "Tu Diràs" de RAC 1 e no programa "El favorit" de TV3.

Traballou como guionista e asesor en series documentais de televisión, como "Els Maquis", "La guerra silenciada" ou "Conviure amb el risc", entre outras.

É promotor da plataforma Sobirania i Progrés. Desde o 16 de abril de 2008, xusto un ano despois de que se estrease na rede o diario dixital directo!cat, colleu a substitución de Joan Camp na dirección deste medio electrónico de información e actualidade.

O 26 de xaneiro de 2009 a executiva de Esquerra Republicana de Catalunya ratificou a súa candidatura como cabeza de lista do partido para as eleccións europeas de 2009, previstas para o 7 de xuño. A pesar de ser rexedor de ERC ao Concello de Sant Vicenç dels Horts integra as listas como independente. Finalmente consegue ser deputado no Parlamento Europeo pola coalición Os Verdes-Alianza Libre Europea.

O 11 de xuño de 2011 converteuse en alcalde de Sant Vicenç dels Horts, logo de recibir os votos da candidatura que lideraba, Junts per Sant Vicenç (vicentins pel canvi+ERC), ICV-EUiA e CiU, deixando o PSC, a lista máis votada ás eleccións municipais do 22 de maio, na oposición. Desde o 17 de setembro de 2011 é o presidente de Esquerra Republicana de Catalunya.

O 9 de outubro de 2012 Junqueras escribiu un artigo en El Periódico no cal afirmaba rotundamente que "O castelán tamén será oficial na República Catalá", declaración que suscitou a polémica entre os militantes e seguidores do partido.

Foi cabeza de lista de ERC-Catalunya Sí para as eleccións catalás convocadas para o 25 de novembro de 2012, onde conseguiu ser a segunda forza máis votada co 13,68% dos votos. Renovou o seu escano no Parlament nas eleccións de 2015, formando parte da candidatura de Junts pel Sí.

Nas eleccións municipais de 2015, Junqueras conseguiu 3 concelleiros máis respecto ás anteriores eleccións, converténdose así ERC na primeira forza en Sant Vicenç dels Horts. Foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de Sant Vicenç Sí Puede. O 23 de decembro de 2015 deixou a alcaldía para centrarse exclusivamente no proceso de autodeterminación.

O 13 de xaneiro de 2016 foi nomeado Vicepresidente do Govern e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Catalunya.[2]

Foi cesado polo Goberno central, o mesmo que todos os membros do goberno autonómico de Cataluña, o 21 de outubro de 2017.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

É autor dos seguintes libros:

  • Els catalans i Cuba, 1998.
  • La batalla de l'Ebre. Història, paisatge, patrimoni, 1999.
  • La presó Model de Barcelona, 2000.
  • Manel Girona, el banc de barcelona i el canal d'Urgell. Pagesos i burgesos en l'articulació del territori, 2003.
  • Guerres dels catalans, 2003.
  • Guerra, economia i política a la Catalunya de l'alta edat moderna, 2005.
  • Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l'alta edat moderna (1520-1630), 2006.
  • Camí de Sicília, 2008
  • Les proclames de sobirania de Catalunya (1640-1939), 2009

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Amparo Piqueras
 Escut de Sant Vicenç dels Horts.svg
Alcalde de Sant Vicenç dels Horts
 
2011-2015
Sucesor:
Maite Aymerich
Predecesor:
Joan Puigcercós
 LogotipERC.jpg
Presidente de ERC
 
2011-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Xavier Sabaté
 Senyal de la Generalitat de Catalunya.svg
Xefe da Oposición de Cataluña
 
2013-2015
Sucesor:
Inés Arrimadas
Predecesor:
Neus Munté
 Senyal de la Generalitat de Catalunya.svg
Vicepresidente do Govern
 
2016-2017
Sucesor:
'
Predecesor:
Andreu Mas Colell
 Senyal de la Generalitat de Catalunya.svg
Conselleiro de Economía e Facenda
 
2016-2017
Sucesor:
'

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]