Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
             Cataluña • 1980
Eleccións ao Parlamento de Cataluña
85 escanos do Parlamento
20 de novembro de 1932
Tipo Lexislativa

Demografía electoral
Votantes 466.000

Resultados
Macia 2a tongada scans 003 editora 8 44 1.jpg
ERC - Francesc Macià
Votos 224.800  
Escanos obtidos 67  
  
47.1%
Retrat Francesc Cambó.jpeg
Lliga - Francesc Cambó
Votos 138.500  
Escanos obtidos 17  
  
29.0%
Nicolau D'Olwer.JPG
PCR - Nicolau D’Olwer
Votos 39.100  
Escanos obtidos 1  
  
8.2%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932

Presidente da Generalitat de Cataluña

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932 celebráronse o 20 de novembro de 1932, constituíndo as primeiras eleccións democráticas neste parlamento. Celebráronse no contexto posterior á proclamación da Segunda República, a restauración da Generalitat de Cataluña e a aprobación do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

Os comicios[editar | editar a fonte]

As eleccións foron convocadas o 25 de outubro por parte do Goberno provisional da Generalitat de Cataluña, presidido por Francesc Macià.[1] Foron convocados a votar todos os homes maiores de 25 anos con nacionalidade española e residencia en Cataluña.

O obxectivo das eleccións era que os cidadáns elixisen os 85 deputados representantes dos cataláns, que posteriormente escollerían ó Presidente da Generalitat de Cataluña e ó Presidente do Parlamento catalán. Definíronse cinco circunscricións electorales, que achegarían un número determinado de deputados ó Parlamento en función da distribución xeográfica da poboación: Barcelona cidade (24 deputados), resto da provincia de Barcelona (19 deputados), provincia de Lleida (14), provincia de Xirona (14) e provincia de Tarragona (14).

As eleccións deron unha esmagadora maioría absoluta a Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) que, liderada por Francesc Macià, obtivo 57 dos 85 escanos da cámara catalá, 41 máis que os 16 escanos conseguidos pola Lliga Regionalista. Como consecuencia das eleccións, o parlamento elixiu o 13 de decembro a Lluís Companys, de ERC, como Presidente do Parlamento de Cataluña, e o 14 de decembro elixiu a Francesc Macià, tamén de Esquerra, como Presidente da Generalitat de Cataluña.

Logo destas eleccións de 1932 non volveu haber comicios ó Parlamento de Cataluña até o ano 1980, primeiro polo estalido da guerra civil española en 1936, e despois pola posterior abolición das institucións autonómicas catalás por parte da ditadura franquista, entre 1939 e 1976.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DOGC de convocatòria d'eleccions." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.