Saltar ao contido

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1992
 ← 1988 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata 1995 Editar o valor en Wikidata  → 
Data15 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido135 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ IV lexislatura do Parlamento de Cataluña. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado4.839.071 Editar o valor en Wikidata
2.655.051
   54.87٪
Ponto percentual (pt) 4.5
Número de votos válidos2.643.910    Número de votos en branco 31.092   Número de votos nulos 11.141
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
CiU  — Jordi Pujol
1.221.233   46.19٪
Ponto percentual (pt) 0.47
Deputado 69 → 70 Número de escanos 1
<1
2>
PSC  — Raimon Obiols i Germà
728.311   27.55٪
Ponto percentual (pt) 2.23
Deputado 42 → 40 Número de escanos 2
<1
2>
ERC  — Àngel Colom
210.366   7.96٪
Ponto percentual (pt) 3.82
Deputado 6 → 11 Número de escanos 5
<1
2>
ICV  — Rafael Ribó i Massó
171.794   6.5٪
Ponto percentual (pt) 1.26
Deputado 9 → 7 Número de escanos 2
<1
2>
PPC  — Alejo Vidal-Quadras Roca
Comparanza con: Alianza Popular
157.772   5.97٪
Ponto percentual (pt) 0.66
Deputado 6 → 7 Número de escanos 1

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
15 de abril de 1992: Catalonia Government 1992–1995 term of office (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1992 celebráronse o 15 de marzo de 1992, sendo as cuartas eleccións ao Parlamento de Cataluña trala instauración da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña en 1977. Foron convocadas a votar 4.839.071 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da segunda lexislatura democrática. Acudiron a votar 2.655.051 persoas, o que deu unha participación do 54,87 por cento, cinco puntos por debaixo da participación de catro anos antes.

As eleccións foron anticipadas máis de tres meses por mor dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Orixinalmente estaba prevista a súa celebración o domingo 28 de xuño de 1992. O partido máis votado foi, por cuarta vez consecutiva, Convergència i Unió que, con 1.221.233 votos (un 46,19 por cento), obtivo 70 escanos, 1 máis que nas anteriores eleccións, e 30 máis que a segunda forza política, o Partit dels Socialistes de Catalunya, o que volveu dar a CiU a maioría absoluta por terceira vez consecutiva.

Trala formación do Parlamento de Cataluña, o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña, por cuarta vez consecutiva.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]