Vía catalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tramo da vía catalá na rúa Via Augusta de Tarragona.
Vía catalana no Passeig de Colom de Barcelona.

A vía catalá cara á independencia (en catalán: Via Catalana cap a la Independència), máis coñecida como vía catalá, foi unha cadea humana duns 400 quilómetros feita en Cataluña a proposta da Assemblea Nacional Catalana (ANC) para a diada do 11 de setembro de 2013. O seu obxectivo era reivindicar a independencia de Cataluña.[1] Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat.[1][2] A cadea seguiu o trazado da antiga Vía Augusta, dende Pertús (Vallespir) ata Alcanar (Montsià). Segundo Carme Forcadell, presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».[3]

En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da Generalitat de Cataluña.[4][5]

A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembro cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo en diversas localidades catalás ata as 18:00h, cando se cantou Els Segadors.[6] En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios.[7] Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto.[1] Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.[8]

Repercusión política[editar | editar a fonte]

A Assemblea Nacional Catalana reclamou que o día seguinte do acto, o goberno catalán fixase a data e a pregunta do Referendo de autodeterminación de Cataluña, que «se ten que poder responder cun si ou cun non».[9] O conseller de Presidencia da Generalitat de Cataluña e portavoz do goberno, Francesc Homs, respondeu á petición dicindo que «antes de rematar o ano haberá unha data e unha pregunta».[10]

A vía catalá serviu de inspiración para que no País Vasco o movemento Gure Esku Dago preparase a Cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco o 8 de xuño de 2014 entre Durango e Pamplona[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Moffett, Matt (5 de setembro de 2013). "Catalan Separatists to Link for Independence Cause". The Wall Street Journal (en inglés). 
  2. Via Catalana (ed.). "Qui som". 
  3. Ara, ed. (19 de xuño de 2013). "De la Jonquera a Alcanar: 400 km de 'Via Catalana' cap a l'estat independent". 
  4. "La Via Catalana, minut a minut". Ara. 11 de setembro de 2013. 
  5. "More than 1 million Catalans form human chain to promote their bid to break away from Spain". The Washington Post (en inglés) (AP). 11 de setembro 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  6. Europa Press, ed. (4 de setembro de 2013). "La 'Via Catalana' arrencarà amb un repicament de campanes i acabarà amb un acte polític". 
  7. Xuriach, Roger (18 de agosto de 2013). "La independencia está en sus manos". Público (en castelán). 
  8. "Llargues cues al centre de Barcelona per a adquirir la samarreta de la Via Catalana". Vila web (en castelán). 9 de setembro de 2013. 
  9. "La ANC quiere una fecha para la consulta el día después de la cadena humana". El Mundo (en castelán) (Barcelona). 23 de agosto de 2013. 
  10. "Homs: “Abans de final d'any hi ha d'haver una data i una pregunta”". El Punt Avui. 12 de setembro de 2013. 
  11. Bañuelos, Oskar (14 de abril de 2014). "Euskadi busca el 'contagi català'". Diari Ara. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]