Consello comarcal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Consellos comarcais son órganos administrativos de ámbito comarcal que dirixen algunhas competencias das comarcas de Cataluña, comarcas de Aragón e O Bierzo (León), en España. As comarcas da Comunidade Valenciana teñen previsto un órgano político polo mesmo decreto que instaurou as comarcas aínda que non se chegou a desenvolver.

Consellos comarcais en Cataluña[editar | editar a fonte]

Partidos políticos no poder segundo consellos comarcais cataláns e Conselh Generau d'Aran (2007-2011):     CiU     PSC     ERC
TITULO III.-DA ORGANIZACIÓN COMARCAL Artículo 12. O goberno e a administración da comarca corresponderán ao consello comarcal. (Parlamento de Cataluña, Lei 6/1987)

En Cataluña, os consellos comarcais (consells comarcals en catalán) foron creados polo goberno da Generalitat trala aprobación da Lei 6/1987 polo Parlamento de Cataluña en 1987. Esa lei determina o proceso de creación e formación dos órganos que compoñen o consello, o seu funcionamento, ámbito de actuación (territorio da comarca) e o número de membros do consello comarcal determinado pola poboación de cada territorio.

A súa organización configúrase cun órgano colexiado, o pleno, e un órgano unipersonal, o Presidente. O pleno do consello está formado por concelleiros dos municipios que compoñen a comarca. A designación de conselleiros comarcais faise por un sistema baseado na Lei ou Regra D'Hondt aplicando unha fórmula mixta tendo en conta tanto os votos obtidos por cada candidatura como o número de concelleiros. O pleno do Consello elixe o Presidente, que ten as atribucións representativas inherentes ao cargo e as de supervisión da administración, dos servizos e do persoal.

Os consellos contan tamén cun xerente, figura integrada na cúpula do goberno. Trátase dun profesional que ten dedicación plena á execución dos labores de goberno e administración comarcais.

Consellos comarcais en Castela e León[editar | editar a fonte]

O Estatuto de Autonomía de Castela e León no seu artigo 19.3 dispón que «polas correspondentes Leis das Cortes de Castela e León, específicas para cada suposto, poderanse recoñecer comarcas, mediante a agrupación de municipios limítrofes, atendendo ao informe previo dos municipios afectados e ás súas características xeográficas, económicas, sociais e históricas, para a xestión en común dos seus servizos ou a colaboración no exercicio das súas competencias.

A única comarca que se considerou que reúne eses requisitos e foi recoñecida por Lei é O Bierzo.[1] Desde o 14 de marzo de 1991 en que se crea sufriu varias modificacións e ata ampliacións xeográficas. No novo Estatuto de Castela e León figura no preámbulo e no articulado e pola Lei 17/2010, de 20 de decembro de 2010[2] foi modificado polas Cortes de Castela e León. Prevese darlle maior autonomía financeira e competencial e ata que se modifique o seu modo de elección.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]