Robert W. Julian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «R. W. Julian»)
Infotaula de personaRobert W. Julian
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1938.
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense.
Educación Universidade Purdue.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
Véxase: "Recoñecementos".


Robert W. Julian, nado o 8 de decembro de 1938, é un numismático estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Julian acadou un mestrado en Historia dos Estados Unidos e posteriormente, en 1963, unha especialización en Matemáticas na Universidade Purdue, en West Lafayette, Indiana. Desenvolveu a súa carreira profesional como profesor de Matemáticas no ensino decundario en Logansport, no mesmo estado, ata 1994. A partir dese ano pasou a exercer a tempo completo como escritor numismático.[1][2]

A súa afección pola numismática comezara xa na súa infancia; aos 11 anos comezou a súa colección de moedas. De formación autodidacta, converteuse nun colaborador habitual con artigos sobre numismática en revistas e xornais especializados como Coin World, Legacy, The Numismatist, Numismatic News, Whitman Numismatic Journal ou Numismatic Scrapbook Magazine.[1]

Tamén foi editor do Journal of the Russian Numismatic Society entre 1999 e 2011.[2]

Entre outras entidades asociativas, Julian é membro da American Numismatic Society, da Central States Numismatic Society, da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ademais dunha importante cantidade de artigos e colaboracións en diversos xornais e revistas especiaclizados, Julian publicou varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:[7]

  • (1974). Czarist rule leaves imprint on Polish coins (1815-1841). Sidney, Ohio.
  • (1977). Medals of the United State Mint. The First Century 1792-1892 (con N. Neil. Harris). Token and Medal Society. El Cajon, California. ISBN 9780918492012
  • (1989). Medals of the United States Assay Commission, 1860-1977. Token and Medal Society. Lake Mari, Florida.
  • (1993). Russian Silver Coinage, 1796-1917. Logansport.
  • (1993). Silver Dollars & Trade Dollars of the United States. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. ISBN 0-943161-48-7
  • (2013). The encyclopedia of United States silver dollars 1794-1804 (con Q. David Bowers). Stack's Bowers Galleries. Irvine (CA). ISBN 9780988740303

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smith, P. (2012).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Robert W. Julian named 2012 ANA Numismatic of the Year Arquivado 12 de agosto de 2022 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  3. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  4. 4,0 4,1 "Past Service Award Recipients Arquivado 25 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  5. "R.W. Julian recieves Numismatic Writing Award Arquivado 17 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". American Numismatic Association. 3 de agosto de 2002.
  6. The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 97.
  7. "Julian, R. W.". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Smith, P. (2012). "Julian, Robert W.". En American Numismatic Biographies. Páxina 205.