Río Águeda
Río Águeda | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Nacemento | Serra das Mesas) |
Lonxitude | 130 km |
Conca | 2.353 km² |
Desembocadura | Río Douro |


O río Águeda é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. Ten uns 130 km de curso, e flúe de España cara a Portugal.
Percorrido[editar | editar a fonte]
O Águeda nace no extremo suroeste da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España, na serra das Mesas, a preto de 1.000 msnm, ; despois de abandonar a montaña percorre a comarca de Ciudad Rodrigo, e desde Almofala serve de fronteira hispano-lusa, durante 22 km, até a súa desembocadura no río Douro, xunto a Barca de Alva, no concello de Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal.
A conca do Águeda é paralela á dos ríos Aguiar e Côa en Portugal.
Afluentes[editar | editar a fonte]
- Pola beira dereita: Berzosa.
- Pola beira esquerda: Río Touroes, que serve tamén de fronteira hispano-lusa.
Réxime fluvial[editar | editar a fonte]
Como todos os afluentes importantes do Douro, o Águeda é un curso de réxime pluvio-nival.
Poboacións as beiras[editar | editar a fonte]
A localidade máis importante, sita ás beiras do Águeda, é a salmantina de Ciudad Rodrigo.
Encoros[editar | editar a fonte]
Sobre o Ádega ergueuse, xa en 1931, o encoro do Águeda, cunha capacidade de 24 hm³.