Parque Natural de Arribas do Douro
Tipo | parque natural área protexida da rede Natura 2000 | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Castela e León, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 106.105 km² | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 555538261 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES4150096 | |||
Sitio web | patrimonionatural.org… | |||
O Parque Natural de Arribas do Douro ou Arribes del Duero en castelán, atópase en Castela e León, estendéndose polas provincias de Zamora e Salamanca. Limita ó oeste co Parque Natural do Douro Internacional, en Portugal.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]"Arribes", en feminino, é unha palabra asturleonesa antigamente pronunciada co o fonema schwa, son a medio camiño entre o fonema "e" e "a" castelán, escrita "Arribas" na maneira galego-portuguesa.[1]
Flora
[editar | editar a fonte]Importantes fragas, únicas a nivel europeo, de lodoeiro na zona de Mieza, cunha extensión de 200 hectáreas. Presente a aciñeira, a sobreira, o érbedo e a Juniperus oxycedrus.
Fauna
[editar | editar a fonte]Poboacións senlleiras de cegoña negra, aguia perdiceira e anduriña dáurica. Entre os mamíferos, cómpre salientar a mangosta exipcia, que é unha especie recente no parque, e as diferentes especies de morcegos: o morcego de cova, o Rhinolophus ferrumequinum e o Rhinolophus hipposideros.