Laguna de Duero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Laguna de Duero é un concello e cidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 29,25 km² cunha poboación de 21.483 habitantes e unha densidade de 734,46 hab/km². É a segunda cidade da provincia en poboación tras Valladolid e lixeiramente por encima de Medina del Campo.

Actualmente é unha localidade industrial, situada a 7 quilómetros de distancia da capital e é unha cidade dormitorio. Ten varios núcleos de poboación entre os que destacan Torrelago e El Villar. Conta con tres Polígonos industriais entre os que destacan o pol. ind. "Las Lobas" e o pol. ind. "Los Barredos".

Rodeada de bosques de piñeiros, bañada polo río Douro, cunha situación privilexiada que noutros tempos propiciou a abundancia de fontes e mananciais, actualmente estes atópanse en desuso ou desaparecidos. A máis representativa é a Fonte de San Pedro Regalado en El Abrojo.

Panorámica do lago