Centro penitenciario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Prisión»)
C. P. da Lama.

Centro penitenciario, cárcere, prisión ou presidio é un lugar de internamento para os presos ou prisioneiros que a través do sistema xurídico están sentenciados a unha pena de privación de liberdade, temporal ou permanente. A diferenza cun campo de reagrupamento, campo de internamento, campo de prisioneiros, campo de retención, campo de concentración ou campo de exterminio é que conta con construcións pechadas comúns (calabozos, barracóns), e nestes obríganse ademais normalmente a realizar traballos forzados.

Prisións en Galicia[editar | editar a fonte]

CIS Carmen Avendaño Otero

Actualmente en Galicia existen cinco centros penitenciarios que funcionan como tal: o CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis). Amais, existen dous centros de inserción social: o CSI da Coruña, que leva o nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago, e o CIS de Vigo, que leva o nome de Carmen Avendaño.

Antigo cárcere de San Simón

Antigamente era frecuente que cada vila tivese un pequeno cárcere, e en tempos de guerra habilitábanse outros lugares como prisións. Cárceres galegos de sona foron o da Illa de San Simón, o Castelo de San Antón (actual Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña)[1], a prisión de Vigo (actual Museo de Arte Contemporánea de Vigo)[2], ou o cárcere da Parda (Pontevedra).

Outras prisións coñecidas[editar | editar a fonte]

As prisións na cultura[editar | editar a fonte]

En ocasións, os centros penitenciarios forman parte da ambientación de obras literarias ou cinematográficas, ben de forma secundaria, ou ben como eixo central. Así, películas como Cela 211, A grande evasión ou The Rock, e series como Prison Break ou La fuga céntranse en prisións. Aparece reflectida de forma transversal no libro O lapis do carpinteiro.

Algúns autores de sona teñen parte da súa obra relacionado co mundo das prisións. Así, Celso Emilio Ferreiro compuxo no cárcere a obra Longa noite de pedra, ao igual que fixera o Marqués de Sade coa obra Les Cent Vingt Journées de Sodome. O poeta andaluz Miguel Hernández finou na prisión de Alacant en 1942. Tamén tivo unha longa estancia en prisión o político surafricano Nelson Mandela.

Concepción Arenal coñeceu de primeira man o mundo das prisións, e falou da importancia da pedagoxía para evitar a conflitividade. Xerardo Díaz Fernández tratou sobre as prisións durante o Franquismo.

O Dilema do Prisioneiro é un problema filosófico formulado a partir dunha teórica fuga ou estancia en prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]