Saltar ao contido

Xerardo Díaz Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXerardo Díaz Fernández
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1907 Editar o valor en Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX830251 BUSC: diaz-fernandez-xerardo-1907-1992

Xerardo Díaz Fernández, nado en Porto do Son o 18 de decembro de 1907 e finado en Montevideo o 3 de febreiro de 1992, foi un mestre e escritor galego. A súa obra é un importante testemuño sobre os cárceres franquistas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Porto do Son, fillo de Venancio Díaz, secretario do xulgado deste concello e de Felicidad Fernández, mestra. Cursou os seus primeiros estudos na escola pública de Porto do Son e posteriormente no colexio de César Carreño en Noia e na Escola Normal de Santiago de Compostela, onde se fixo mestre. Porén nunca exerceu o maxisterio e traballou co seu pai até a súa morte en 1928. Foi o oficial do xulgado de Porto do Son até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Por mor da súa militancia en Izquierda Republicana foi detido os primeiros días de agosto. A razón da súa detención foi o feito de que o seu nome aparecese nun libro editado polo Sindicato Libertario Izquierda Republicana. O 30 de decembro dese ano foi condenado en consello de guerra a cadea perpetua. Pasou dous anos na cadea de Santiago de Compostela e outros dous na da Coruña. En 1940 acadou a liberdade e en 1947 casou con Carmen Moreira García, natural tamén de Porto do Son e con quen tivo un fillo e unha filla. Tras distintos traballos, fíxose procurador, mais non puido exercer polos seus antecedentes.

Os recursos que presentou foron desestimados polo que o 29 de setembro de 1951 embarcou cara a Montevideo. Malia ter familia na Arxentina, escolleu Uruguai por ser unha verdadeira democracia. Na capital uruguaia comezou a traballar nunha empresa de importacións e máis tarde traballou nun comercio do departamento de Soriano. De volta en Montevideo traballou de sereno, porteiro, empregado nun supermercado e contábel.

Canto ás súas relacións coas asociacións da emigración, só colaborou coa Casa de Hijos del Puerto del Son, da que chegou a ser presidente e co Patronato da Cultura Galega de Montevideo, que en 1987 lle outorgou a Vieira de Prata. Colaborou como redactor de Guieiro. Órgao do Patronato de Cultura Galega. Morreu no Cerro de Montevideo, e o 14 de abril de 1992 foi declarado fillo predilecto do Concello de Porto do Son.

  • Os que non morreron (1982). Neste libro, dedicado aos seus compañeiros de cadea en Santiago de Compostela, recolle todo o acontecidos desde os primeiros días da súa detención en agosto de 1936 até o seu traslado á cadea da Coruña.
  • A crueldade inútil (1985). Continuación do anterior, aquí recolle o acontecido na súa prisión da Coruña.
  • Desde la diáspora (1989). A diferenza dos anteriores libros de memorias, está escrito en castelán, xa que estaba dirixido aos galegos da emigración. Este libro non é só unha autobiografía, senón tamén unha denuncia dos aspectos máis negativos da emigración galega. Nel denuncia os tópicos sobre os galegos, as situacións adversas ás que ten que facer fronte o emigrante ou o labor das sociedades da diáspora, que non van máis aló do folclórico, a excepción do Patronato da Cultura Galega de Montevideo.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Contos, 1985.
  • Nebra. Historia dunha infamia, 1987.