The Rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Este artigo trata sobre o filme The Rock. Para ver o artigo sobre o loitador Dwayne Johnson, máis coñecido por "The Rock" vexa Dwayne Johnson:
The Rock
Ficha técnica
Título orixinalThe Rock
DirectorMichael Bay
ProdutorJerry Bruckheimer
Don Simpson
GuiónDavid Weisberg
Douglas Cook
Mark Rosner
IntérpretesSean Connery
Nicolas Cage
Ed Harris
John Spencer
David Morse
William Forsythe
Michael Biehn
Vanessa Marcil
John C. McGinley
Gregory Sporleder
Tony Todd
Bokeem Woodbine
Jim Maniaci
Danny Nucci
Claire Forlani
James Caviezel
Philip Baker Hall
Stuart Wilson
MúsicaNick Glennie-Smith
Harry Gregson-Williams
FotografíaJohn Schwartzman
MontaxeRichard Francis-Bruce
DistribuidoraBuena Vista Pictures
Estrea1996
Duración127 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroAcción
Orzamento75 millóns de dólares[1]

The Rock, de 1996, é un filme de acción que primeiramente transcorre na illa de Alcatraz, e na baía de San Francisco. Foi dirixido por Michael Bay e protagonizado por Sean Connery, Nicolas Cage e Ed Harris. Foi producido por Don Simpson, Jerry Bruckheimer e lanzado pola Disney's Hollywood Pictures. O filme está dedicado ao produtor Don Simpsom que morreu antes do lanzamento do filme.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un xeneral (Ed Harris), heroe na Guerra do Vietnam, e os seus comandados apodéranse de poderosas armas químicas e instálanse na prisión de Alcatraz, con 81 reféns. Dende alá, ameazan con disparar as armas sobre San Francisco se 100 millóns de dólares non fosen pagos, sendo que gran parte desta contía será para doar ás familias de soldados americanos que morreran en misións secretas e nunca foran recoñecidas pola patria. Para combatelos, un grupo de elite é mandado para a illa e entre eles está un especialista novo en armas bioquímicas (Nicolas Cage) e o único home (Sean Connery) que escapou do presidio, só que agora terá que entrar e, se é posíbel, completar a súa misión e saír vivo.

Elenco[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O actor Sean Connery esixiu dos produtores que fose instalada unha cabina só para el na prisión de Alcatraz, para evitar ter que viaxar todos os días da illa onde se localiza a prisión até o continente.
  • Boa parte das escenas nas que os cazas F/A-18 aparecen no filme na verdade son escenas de arquivo do U.S. Navy Blue Angels.

Notas[editar | editar a fonte]