Praia nudista
Unha praia nudista é aquela praia na que está permitido ou é costume practicar o naturismo. O resto das praias, nas que é costume tapar os xenitais, coñécense como "téxtiles" ou "de top-less", se as mulleres poden prescindir da parte superior do biquini ou traxe de baño.
En Galiza[editar | editar a fonte]
En Galiza o naturismo non é obxecto de lexislación, é dicir, nin está prohibido nin está permitido en espazos acoutados. O código legal actual non fai mención á práctica puntual ou usual de ir espido, polo que calquera podería camiñar nu pola rúa ou na praia, sen que ninguén lle puidese sinalar que iso é delito. Ora ben, é relativamente frecuente observar como o naturismo, cando se practica en praias téxtiles, dá lugar a protestas veciñais e dos demais bañistas[Cómpre referencia].
Localizacións[editar | editar a fonte]
Nalgúns casos, as praias nudistas son calas pequenas e de difícil acceso; noutros, son parte dunha maior, máis afastadas da entrada e algo separadas por dunas. As máis coñecidas son:
- Praias de Figueiras e San Martiño, nas Illas Cíes
- Praia de Melide, na illa de Ons[1]
- Praia de Barra, en Cangas
- Praia de Sartaxéns, en Bueu
- Praia dos Namorados, en Marín[2]
- Praia de Bascuas, en Sanxenxo
- Praias de Castiñeiras, Abelleira, Con de Corvo e Aguieira no Grove[3]
- Praias da punta Carreirón, na Illa de Arousa[3][4][5]
- Praia de Vilar-Carreira, en Ribeira[6]
- Praia de Area Longa, en Baroña, Porto do Son
- Praias de Niñóns e Morro, en Ponteceso
- Praia das Combouzas, en Arteixo
- Praia de Bastiagueiro Pequeno, en Oleiros
- Praia de Marín, en Miño[7]
- Praia de Insua, en Pontedeume[8][9]
- Praias de Ponzos[10] e Lumebó, en Ferrol
- Praia de Caolín, no Vicedo
- Praia de Portonovo, en Viveiro
- Praia dos Alemáns, en Foz
No resto do mundo[editar | editar a fonte]
Na maioría das praias de Dinamarca[11][12] e nalgunhas de Noruega[13] a roupa é opcional. En Alemaña hai áreas de baño con roupa opcional en parques públicos en cidades como Múnic[14] e Berlín.[15] Tamén é opcional o traxe de baño nas praias dalgúns destinos de vacacións como Creta, agás nalgunhas praias urbanas,[16] e por exemplo Barcelona ten dúas praias con áreas nudistas situadas no centro da cidade (Barceloneta e Mar Bella).[17]
Historia[editar | editar a fonte]
Durante un cruceiro, o rei Eduardo VIII e a súa parella Wallis Simpson pararon nunha praia da illa de Rab, onde o rei obtivo un permiso especial do goberno local para nadar espido, co que se converteu na primeira praia nudista oficial do mundo.[18] As praias nudistas comezaron a popularizarse na década de 1950 na costa francesa[19] e dende entón estendéronse polo mundo. Algunhas forman parte dunha área nudista maior, como ocorre en Cap d'Agde.
Aínda que o desenvolvemento das praias nudistas foi separado das asociacións nacionais naturistas, algúns destes grupos amosaron interese neles e axudaron a protexelas legalmente e a través de publicación de guías de comportamento.[20]
En Galicia[editar | editar a fonte]
En 1975 comezou a practicarse o nudismo en praias de Galicia, o que levou a que varias persoas fosen detidas na praia de Barra. No verán de 1983, a praia de Baroña, a que acudían nudistas dende a década anterior, converteuse no centro das actividades da Coordinadora Nudista-Ecologista Radical, liderada polo economista Miguel Cancio e o concelleiro da Coruña Pedro Arias. Os seus integrantes sufriron ataques e 14 persoas foron detidas. Despois destes sucesos comezou o proceso de despenalización, que chegou en 1989 coa modificación do Código Penal que suprimía o delito de escándalo público.[21][22][23]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Isla de Ons (en castelán)
- ↑ Cuando la opción es desnudarse
- ↑ 3,0 3,1 Descubre o Salnés
- ↑ Playas de Carreirón
- ↑ "Illa de Arousa". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Vilar-Corrubedo
- ↑ Cuatro arenales en los que está permitido practicar el nudismo y varias zonas solitarias
- ↑ Ficha en Turgalicia
- ↑ Pontedeume Turismo
- ↑ Derrumbe en la zona nudista de Ponzos
- ↑ "Naturism and free beaches in Denmark.". Scandinavian Naturist Federations. 2005. Arquivado dende o orixinal o 06-02-2005. Consultado o 23-12-2011.
é posible e está permitido estar espido en calquera praia de Dinamarca con dúas grandes excepcións: Holmsland Klit e Hennestrand. O único requisito é manter un comportamento decente.
- ↑ "Nude Beaches in Scandinavia". naturistnet.org. 20120429012925. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2012. Consultado o 9-9-2015.
- ↑ "Nude Beaches in Norway". Scandinavian Naturist Federations. 20120429013741. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2012. Consultado o 23-10-2011.
- ↑ "FKK baden in und rund um München - das Nacktbaden Special". ganz-muenchen.de. Consultado o 9 de setembro de 2015.
- ↑ "Berlin". Active naturists. 8-7-2008. Consultado o 8-8-2016.
- ↑ "Crete". Active naturists. 24-1-2009. Consultado o 14-3-2013.
- ↑ "Barcelona". Active naturists. 20-4-2012. Consultado o 14-3-2013.
- ↑ "A King who fell in love in Dubrovnik". The Dubrovnik Times. Consultado o 7 de xaneiro de 2019.
- ↑ Mize, Melanie. "NUDE BEACHES DON'T BE SHY: TAKE EVERYTHING OFF!". Travel Channel. Arquivado dende o orixinal o 17-11-2011. Consultado o 23-12-2011.
- ↑ Boura, Malcolm (verán 2007). "Campaigning". British Naturism. BN 172: 31. ISSN 0264-0406.
- ↑ Baroña 1983, la verdad al desnudo
- ↑ Miguel Cancio, el viejo profesor freeke
- ↑ …y con ellos llegó el despelote
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia nudista |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- FNI-INF, Federación Internacional de Naturismo (en inglés)
- "Las 15 playas imprescindibles si practicas nudismo". La Voz de Galicia (en castelán). 18-8-2014. Consultado o 31-8-2016.
- "Las playas nudistas de A Coruña". HomeAway (en castelán). Consultado o 9-9-2016.