Saltar ao contido

Charles White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles White

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1728 Editar o valor en Wikidata
Manchester (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1813 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Sale, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, cirurxián Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Hunter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
Medvik >>>:White, Charles, 1728-1813, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX968685

Charles White, nado en Manchester o 4 de outubro de 1728 e finado en Sale o 20 de febreiro de 1813, foi un médico inglés, cofundador do Manchester Royal Infirmary, con Joseph Bancroft, un industrial local. Foi un cirurxián capaz e innovador, que tamén realizou significativas contribucións no campo da obstetricia.

Mantivo gardado na súa casa en Sale, o corpo momificado dunha das súas pacientes durante 55 anos, probablemente, polo menos en parte, porque ela tiña un medo patolóxico a ser enterrada viva.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o único fillo de Thomas White, un cirurxián e parteiro, e a súa esposa Rosamond. Despois de ser educado polo reverendo Radcliffe Russell, uniuse á práctica do seu pai como aprendiz, aproximadamente en 1742. Posteriormente estudou Medicina en Londres co obstetra William Hunter, para despois completar os seus estudos en Edimburgo e volver traballar xunto ao seu pai como cirurxián e parteiro.

A partir da década de 1750 White foi alcanzando un maior recoñecemento como un cirurxián capaz e innovador. En 1760 presentou unha investigación ante a Royal Society, na que describía o seu exitoso tratamento para un brazo fracturado, reunindo os extremos do óso roto. En 1762 foi elixido membro da Royal Society e presentou outra investigación sobre o emprego de compresas para deter o sangrado. Ese mesmo ano converteuse en membro do Real Colexio de Cirurxiáns de Inglaterra.

Ademais foi recoñecido no campo da obstetricia. No seu libro Treatise on the Management of Pregnant and Lying-in Women (1773) recomendaba que as mulleres desen a luz naturalmente e que non se debía intervir activamente ata que os ombreiros do bebé fosen expulsados. Tamén recomendaba que as mulleres deixasen a cama canto antes despois do parto e extremar a limpeza e a ventilación.

Defendeu a polémica teoría de que "Todos os organismos están organizados nunha cadea estática de ser, cambiando por medio de pequenas gradacións de plantas a animais e destes a persoas".[1] Argumentaba que as razas "non brancas" eran inferiores e máis próximas ao primitivo debido ao seu pigmentación e que as mulleres se parecían a estas razas, porque os seus corpos revelaban áreas de pigmentación máis escura: "a aréola ao redor da mamila, a pube e o bordo do ano", o que era máis notable nas mulleres embarazadas.[2]

En 1752 foi cofundador da Manchester Royal Infirmary co industrial local Joseph Bancroft e desempeñouse alí como cirurxián honorario até 1790.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1757 con Ana Bradshaw, cuxo pai tivera un cargo público no condado de Lancaster. Tiveron oito fillos. En 1803 sufriu un ataque de oftalmite, que conduciu á súa cegueira uns anos máis tarde. Morreu o 20 de febreiro de 1813 na súa casa en Sale.

A momia de Manchester

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Momia de Manchester.

Foi o médico da familia Beswick e estaba presente no enterro de John, cando un dos doentes notou que as pálpebras deste movíanse, xusto cando ían pechar o seu cadaleito; White confirmou que John aínda estaba vivo. O suposto cadáver recobrou o coñecemento uns días máis tarde e viviu durante moitos anos.[4]

O incidente causou que a irmá de John, Hanna Beswick, sufrise de medo patolóxico a ser enterrada viva. Tras a morte de Hanna en 1758, White embalsamouna, aínda que se suxeriu que as instrucións dela eran ser mantida sen enterrar ata que fose obvio que estaba morta.[5] O corpo momificado foi conservado nunha habitación da casa do médico, onde foi almacenado nunha vella caixa de reloxo.[6] Cando finou en 1813, a momia foi doada ao Museo da Sociedade de Historia Natural de Manchester, onde se deu a coñecer como a momia de Manchester ou a momia de Birchin Bower.[7][8] O corpo, que se exhibía no vestíbulo, foi descrito por un visitante en 1844 como "uno dos obxectos máis notables do museo".[9][10]

A momia foi transferida á Universidade de Manchester en 1867 e posteriormente co permiso do Bispo, Hanna foi enterrada nunha tumba non marcada no Cemiterio Harpurhey, o 22 de xullo de 1868.[11]

  1. Charles White, An Account of the Regular Gradation in Man, and in different Animals and Vegetables (Londres: C. Dilly, 1799), p. 134-135. (en inglés) Consultado o 5 de febreiro de 2010.
  2. Susan Meyer, Imperialism at Home: Race and Victorian Women's Fiction (Ithaca y Londres: Cornell University Press, 1996, ISBN 0-8014-8255-0, 9780801482557, p. 16. (en inglés) Consultado o 5 de febreiro de 2010.
  3. Butler, Stella (2004). "White, Charles (1728–1813)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). 29238. Consultado o 6 de febreiro de 2009. (require subscrición (?)). 
  4. Hyde, O'Rourke & Portland 2004, p. 43..
  5. Dobson 1953, p. 432..
  6. Bondeson 2001, p. 87..
  7. Portland 2002, p. 85..
  8. Cooper 2007, p. 87..
  9. Bondeson 1997, p. 102..
  10. Kohl 1884, p. 130..
  11. Portland 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]