Wikipedia:Introdución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frecha. Volver á páxina de axuda.

Introdución   Aprende máis sobre a edición   Explora a Wikipedia   Guía

Ollas a lapela "editar" que aparece no canto superior da páxina? Na Wikipedia, podes contribuír e arranxar erros na meirande parte dos artigos!

Preme sobre a lapela "Editar" para facer algún cambio nun artigo.

Que é a Wikipedia?

A Wikipedia é unha enciclopedia libre, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Trátase dunha páxina web especial deseñada para facer doada a colaboración; noutras palabras, trátase dun wiki. Moitas persoas están mellorando a Wikipedia constantemente, facendo ducias de cambios cada hora. Todos estes cambios almacénanse nos historiais dos artigos e mais nos cambios recentes. Para ver unha descrición máis detallada do proxecto, olla a páxina acerca da Wikipedia.

Como podo contribuír?
Non lle teñas medo a editar; calquera pode editar case calquera páxina e animámoste a que sexas valente! Atopa algo que se poida mellorar e faino, por exemplo, a ortografía, a gramática, a redacción ou as edicións pouco construtivas. Se queres engadir novos feitos, dá referencias para que o que escribes poida ser verificado ou suxire algo na páxina de conversa do artigo. Calquera cambio feito no artigo dun tema controvertido e nas principais páxinas da Wikipedia debe ser debatido antes.

Lembra: non podes estragar a Wikipedia, aínda que queiras; todas as edicións pódense reverter, arranxar ou mellorar. Así que adiante, edita un artigo e axuda a que a Wikipedia sexa a mellor fonte de información da internet!

Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Iso é o que estamos a facer.
     
Jimbo Wales, cofundador da Wikipedia

Doazóns: a Wikipedia é de uso libre, pero depende das doazóns da xente para a súa mantenza. Tes a posibilidade de doar, se o cres oportuno, usando a ligazón Doazóns que hai na barra lateral esquerda. Deste xeito axudarás a levar os gastos de funcionamento e a garantir expansión dos proxectos.

Por que non probas a editar agora mesmo?

  1. Preme aquí para editar a zona de probas, o lugar onde facer as edicións de proba. (Se xa hai texto alí, engade o teu ao final.)
  2. Escribe algún texto.
  3. Fai clic en "Mostrar a vista previa" para ver os teus cambios e en "Gardar a páxina" cando esteas contento con eles.
Seguinte: Aprende máis sobre a edición