Jermaine O'Neal
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 13 de outubro de 1978 (44 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Eau Claire, Columbia |
NBA Draft | 1996 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | dende 1996 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (1996–2000) Indiana Pacers (2000–2008) Toronto Raptors (2008–2009) Miami Heat (2009–2010) Boston Celtics (2010–2012) Phoenix Suns (2012–2013) Golden State Warriors (2013–2014) | |
Premios e galardóns | |
6× NBA All-Star (2002-2007) 1× Xogador Máis Mellorado (2002) | |
Información en nba.com |
Jermaine Lee O'Neal, nado o 13 de outubro de 1978 en Columbia, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que é axente libre. Mide 2,11 m e pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Grazas á súa altura e axilidade pronto comezou a amosar aptitudes para algúns deportes, aínda que finalmente decidiuse polo baloncesto. Ingresou no instituto de Eau Claire da súa cidade natal. En dito centro sobresaíu de tal modo que no ano 1996 (con tan só 17 anos) foi elixido no Draft da NBA polos Portland Trail Blazers.
Jermaine O'Neal posuía a honra de ser o xogador máis novo da historia en disputar un partido, ata que Andrew Bynum chegou á liga sendo aínda máis novo ca el. Tras uns inicios moi decepcionantes, no ano 2000 foi traspasado aos Indiana Pacers. A partir dese cambio naceu o O'Neal que hoxe todos coñecemos. A súa carreira comezou a coller pulo de verdade. Comezou a facer máis de 20 puntos por tempada e sempre ao redor dos 10 rebotes. Foi All Star en 5 ocasións. Un gran tiro de curta e media distancia, unha gran capacidade reboteadora e, sobre todo, unha sobrenatural capacidade defensiva (máis de 2 tapóns por partido) fan del unha das estrelas da NBA e un dos ídolos da liga. Pero tras unha tempada 2007/08 non demasiado boa, os Pacers decidiron traspasalo aos Toronto Raptors xunto con Nathan Jawai a cambio de T.J. Ford, Rasho Nesterovic, Maceo Baston e a elección nº17 do Draft do 2008, Roy Hibbert.
O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Miami Heat xunto con Jamario Moon por Shawn Marion e Marcus Banks.[1]. Na primeira tempada cos Heat, O'Neal xogou 27 partidos, nos que promediou 13.0 puntos, 5.4 rebotes e 2.0 tapóns. Nos seus primeiros 12 partidos, os Heat conseguiron un récord de 7-5, o que lles fixo asegurar o cuarto posto na Conferencia Leste, e xogar así os playoffs, onde caeron ante Atlanta Hawks en sete partidos. No verán de 2010 asinou un contrato por dous anos cos Boston Celtics. O 20 de abril de 2012, foi cortado polo Celtics.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Raptors trade O'Neal, Moon to Heat for Marion, Banks"". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2009.
- ↑ Celtics Waive O'Neal, Sign Sean Williams
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 17 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados en Columbia, Carolina do Sur
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers