María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Cristina de Borbón»)
María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Nacemento27 de abril de 1806
Lugar de nacementoPalermo
Falecemento22 de agosto de 1878
Lugar de falecementoLe Havre
SoterradaCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeReino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítica e monarca
PaiFrancisco I das Duas Sicílias
NaiMaria Isabel de Bourbon
CónxuxeFernando VII e Agustín Fernando Muñoz
FillosIsabel II de España, Luísa Fernanda de Bourbon, Agustín Muñoz, Duque de Tarancón, Antonio Muñoz y de Borbón, Maria Amparo Muñoz e Bourbon, Maria de los Milagros Muñoz, Fernando Muñoz, 2nd Duke of Tarancón, María Cristina Muñoz y Borbón, Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo e Jose Muñoz y de Borbón, Conde de Gracia
IrmánsCarolina de Nápoles e da Sicília, Luísa Carlota de Bourbon-Duas Sicilias, Fernando II das Duas Sicílias, Carlos Fernando de Bourbon-Duas Sicílias, Leopoldo de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Antónia das Duas Sicílias, Antônio de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Amália de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Carolina de Bourbon-Duas Sicílias, Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Luís Carlos de Bourbon-Duas Sicílias e Francisco de Bourbon-Duas Sicílias
PremiosGrã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa
Na rede
WikiTree: Borbone-29 Find a Grave: 8857546 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Francisco I Dúas Sicilias e de María Isabel de Borbón[1], e casou co seu tío, Fernando VII, en Aranjuez o 11 de decembro de 1829. Actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo, até que a súa filla Isabel acadase a maioría de idade e puidera chegar ao poder.

Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla Carlos María Isidro de Borbón, que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.

Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á Primeira guerra carlista. Tratou de gobernar o país por medio dun Estatuto apoiándose na figura dun liberal moderado como Martínez de la Rosa, pero a insurrección de La Granja obrigouna a volver ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra (1848) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no 1833, disólvese a Xunta Superior do Reino de Galiza, dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a Carta xeométrica de Galicia, que elaborara o xeógrafo Domingo Fontán.

Renunciou á rexencia e marchou a Francia, deixando en España as súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo (28 de decembro de 1833), en matrimonio morganático, co sarxento Agustín Fernando Muñoz, con quen tivo oito fillos desa relación, o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.

Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeneral Espartero e promoveu o levantamento frustrado de 1841. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que o seu descrédito e o odio popular se estenderan.

Coa revolución de 1854 evitou o xuízo grazas á axuda de Espartero, que a permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia), onde morreu o 22 de agosto de 1878.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do primeiro matrimonio[editar | editar a fonte]

Do segundo matrimonio[editar | editar a fonte]

Antepasados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV., AA. (1844). Vida militar y política de Espartero. Vol. I. Madrid: Imprenta de la sociedad de operarios del mismo arte. p. 96. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Villa-Urrutia (1925). La reina gobernadora, Doña María Cristina de Borbón. Madrid: Francisco Beltrán. Prólogo del Conde de Romanones.
  • G. Rico, Eduardo (1994). María Cristina, la reina burguesa. Madrid: Planeta. ISBN 8408011871.
  • Cifuentes, Paula (2020). María Cristina. Reina gobernadora. Madrid: Ariel. ISBN 8434432676.

Outros artigos[editar | editar a fonte]